Que podo atopar en É-saúde?
- Fichas de saúde
Fichas informativas sobre diversos temas de saúde.
- Calendario
Consulta das súas citas.
- Historia clínica
Acceso aos informes da súa historia clínica electrónica.
- Medicación
Información sobre a súa medicación pasada, actual e futura.
- Atención sanitaria
Xestión das súas citas e información sobre os seus profesionais.
- Adestramento en saúde
Xestión da súa propia saúde, definnición de iniciativas de mellora e seguimento das mesmas.
- Asociacións
Acceso á información de asociacións de pacientes e posibilidade de interacción entre os seus membros.
- Comunidades
Posibilidade de participación en comunidades abertas e restrinxidas.
- Cursos
Acceso a cursos online para profundar en temas do seu interese.
- Centros
Información de farmacias, hospitais, centros de saúde e servizos de urxencias.
- Información e Trámites
Información histórica sobre a súa saúde e xestión de trámites co Sergas.
Quen pode acceder?
- Ciuadáns con Tarxeta Sanitaria Sergas de 18 ou máis anos
- Profesionais sanitarios
- Asociacións de pacientes
Como pode acceder?
- Acceda á páxina web http://esaude.sergas.es
- Seleccione a opción 'Acceder'
- No formulario de acceso escoller unha das opcións de acceso, entre as tres dispoñibles:
Acceso sen identificación
Non é necesario identificarse.
Acceso con usuario e contrasinal
Introduza os seguintes datos para identificarse:
- O seu correo electrónico
- O seu contrasinal
Acceso con seguridade alta
Introduza o seu DNIe ou credenciais do sistema Chave365 para identificarse.
Pode obter as claves 'Chave' dos seguintes modos:
A que vou ter acceso?
Existen tres tipos de accesos a É-Saúde en función do contido ao que acceda:
- Acceso sen identificación
Poderá acceder aos contidos públicos de É-saúde como fichas A-Z, listaxe de comunicacións, listaxe de asociacións, consulta de centros, etc.
- Acceso con usuario e contrasinal
Poderá acceder a contidos personalizados ou participar en comunidades e asociacións.
- Acceso con seguridade alta
Poderá acceder a toda a súa información de saúde e contidos personalizados que ofrece a plataforma, como os informes das súas historia clínica e dos seus tratamentos.