Patrocinio Comercial

Patrocinio Comercial

Considérase patrocinador a toda entidade, distinta da organizadora, que colabora no desenvolvemento da actividade, a través de financiamento económico, dando apoio ou aportando medios para a súa realización.

O provedor debe garantir a independencia dos contidos e docentes, que non poderán estar sesgados comercialmente nin condicionados polas aportacións do patrocinador.

O nome e/ou logotipo do patrocinador comercial:

    • Pode aparecer en soportes publicitarios e materiais non docentes (carpetas, bolígrafos, cadernos, etc.), no certificado da actividade e nas sinalizacións das áreas do recinto docente. Deberán ser identificados inequivocamente como patrocinadores.
    • Non pode aparecer nos contidos docentes da actividade: nin nos textos, fichas ou presentacións que utiliza o docente ou se entregan aos discentes.

Nas actividades presenciais, a área de publicidade comercial deberá estar claramente diferenciada da área docente.