Metodoloxía Docente

Metodoloxía Docente

A metodoloxía é a forma en que imos poñer en xogo todos os recursos e procedementos previstos para que se cren ocasións de aprendizaxe.

 
A calidade dunha metodoloxía está relacionada coa súa adecuación aos obxectivos a acadar a interactividade e retroalimentación que proporciona ao discente e o grao de simulación da realidade que consegue.
 
En xeral canto máis activo e protagonista da súa aprendizaxe sexa o profesional, mellor consideración terá a metodoloxía.
 
En todas as actividades docentes, debe existir algún tipo de dinámica que permita a participación dos alumnos: debates, traballo de casos, resolución de problemas, exercicios de reflexión, exercicios de aplicación da teoría, traballos de grupo, dramatizacións, ou métodos equivalentes. 
 
No caso de que na formación participen pacientes reais, ou se acceda á súa información persoal, deberá declararse como se garante os seus dereitos á intimidade e protección de datos persoais.
 
Sexa claro e preciso ao describir a metodoloxía que se vai a utilizar, indicando os ritmos, secuencias, roles, accións, condicións, etc. nas que se vai a desenvolver. Vixiar a súa coherencia cos obxectivos específicos, temario, organización e avaliación. As dinámicas de participación e interacción utilizadas deben estar claramente identificadas no programa do curso.

 

A este apartado dáselle un valor importante, a media das cualificacións dos evaluadores neste punto, multiplícase polo factor de ponderación 1,5