Obxectivos

Obxectivos

O código sepse 
  • Xeral
    • Identificar precozmente o enfermo séptico en todos os ámbitos asistenciais mediante unha abordaxe coordinada multidisciplinaria e garantir a implantación de xeito inmediato de todas as medidas que demostraron reducir a mortalidade da sepse.
  •  
  • Específicos
    • Activar o código sepse en todos os pacientes con infección asociada a disfunción orgánica.
    • Administrar un antibiótico eficaz en menos dunha hora desde a chegada a urxencias do paciente ou o diagnóstico de sepse.
    • Determinar o lactato na primeira hora do diagnóstico.
    • Realizar a toma de mostras microbiológicas antes de iniciar o tratamento antibiótico (incluídos en todos os casos 2 hemocultivos).
    • Reanimar con fluídos aos pacientes con hipoperfusión asociada á sepse.
    • Sensibilizar aos profesionais e pacientes da importancia da prevención, detección e tratamento precoces da sepse.