Unha vez activado o código sepse no hospital, levaranse a cabo as seguintes intervencións en caso de non se teren realizado previamente, valorando así mesmo a necesidade de repetilas:
- Garantir ABC.
- Tomar e rexistrar constantes:
- TA.
- FC.
- FR.
- SaO2.
- Temperatura.
- GCS.
- Realizar exploración física buscando o foco de infección.
- Canalizar 2 vías periféricas con recollida de hemocultivos.
- Exploracións complementarias. Perfil sepse:
- Gasometría arterial ou venosa con lactato (Se o lactato é > 2 mmol/l volver medir ás 3 h).
- Analítica: hemograma, glucemia, función renal, ións e bilirrubina.
- Procalcitonina.
- Estudo de urina: sedimento e cultivo segundo a sospeita clínica.
- Radioloxía: segundo foco da sospeita.
- Calcular SOFA e rexistrar en historia clínica electrónica (IANUS).
- Confirmar ou rexeitar o diagnóstico de sepse. Confírmase sepse se:
- Puntuación SOFA ≥ 2 puntos (ou aumento en 2 ou máis puntos con respecto ao SOFA basal en caso de disfunción crónica coñecida).
- De xeito inmediato se, tras a exploración física e a gasometría, existe disfunción hemodinámica, respiratoria ou neurológica (non é necesario esperar a obter todos os resultados analíticos para o diagnóstico de sepse) obxectivada a través dos seguintes parámetros clínicos:
- TAS < 90 mmHg.
- Lactato > 4 mmol/l.
- Relación PaO2/FiO2 < 300 mmHg.
- GCS < 13.
A obtención dun SOFA < 2 descarta a sepse nese momento. Non obstante, cómpre ter en conta que a sepse é un proceso dinámico, polo que, se a sospeita clínica se mantén, débese monitorar o paciente e repetir a valoración periodicamente.