Actuación na Fundación Pública de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 (FPUSG-061)

Actuación na Fundación Pública de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 (FPUSG-061)

Plan de Actuacion 
A) Activación da alerta código sepse e actuación tras a activación
Ante un paciente con sospeita de infección potencialmente grave procederase a:
  • Monitorar ECG do paciente, tomar constantes (TA, FC, FR, temperatura, SaO2 e nivel de conciencia).
  • Activar CÓDIGO SEPSE se qSOFA 2 puntos. Un qSOFA = 1 punto valorarase de xeito individualizado.
  • Comunicar á Central de Coordinación do 061 do código sepse e iniciar o traslado adecuando as medidas de SVA á situación clínica do paciente. A central, pola súa banda, alertará ao hospital receptor do traslado dun paciente código sepse e do tempo estimado de chegada.
  • Ao chegar ao hospital, comunicarase o traslado dun paciente código sepse co obxectivo de priorizar a triaxe e a súa atención en urxencias.