Protección especial

Protección especial

O sistema sanitario protexe especialmente e realiza actuacións preferentes a persoas menores de idade, as persoas maiores dependentes, aos enfermos mentais e terminais, aos doentes que padecen enfermidades crónicas e discapacitante, aos pacientes diagnosticados de enfermidades raras ou de baixa incidencia na poboación e ás persoas pertencentes a grupos de risco.

 

As persoas con enfermidade mental teñen os seguintes dereitos:

  • Cando o paciente ingrese de forma voluntaria, e durante o seu ingreso desaparezan a plenitude das súas facultades mentais, a dirección da institución pode decidir sobre a continuidade do ingreso solicitando unha ratificación xudicial, nos termos establecidos no artigo 763 da Lei de axuizamento civil.
  • Cando o paciente ingrese de forma forzosa, o paciente ten dereito a que se reexamine periodicamente a súa necesidade de internamento, nos termos anteriores.
  • Os menores de idade teñen dereito ao internamento en centros ou unidades de saúde mental infanto-xuvenil.

As persoas que se atopen nunha fase avanzada da enfermidade teñen dereito a:

  • Rexeitar os tratamentos de soporte vital que prolonguen sen necesidade o seu sufrimento.
  • O axeitado tratamento dos síntomas, particularmente da dor.
  • O seu acompañamento polas persoas que este decida, durante a súa hospitalización