Actuación tras a activación do código sepse. Confirmación de sepse

Actuación tras a activación do código sepse. Confirmación de sepse

Plan de Actuacion 
O diagnóstico de sepse débese confirmar ou rexeitar en menos de 30 minutos desde a activación da alerta de código sepse no hospital 
Unha vez activado o código sepse no hospital, levaranse a cabo as seguintes intervencións en caso de non se teren realizado previamente, valorando así mesmo a necesidade de repetilas:
  • Garantir ABC.
  • Tomar e rexistrar constantes:
    • TA.
    • FC.
    • FR.
    • SaO2.
    • Temperatura.
    • GCS.
  • Realizar exploración física buscando o foco de infección.
  • Canalizar 2 vías periféricas con recollida de hemocultivos.
  • Exploracións complementarias. Perfil sepse:
    • Gasometría arterial ou venosa con lactato (Se o lactato é > 2 mmol/l volver medir ás 3 h).
    • Analítica: hemograma, glucemia, función renal, ións e bilirrubina.
    • Procalcitonina.
    • Estudo de urina: sedimento e cultivo segundo a sospeita clínica.
    • Radioloxía: segundo foco da sospeita.
  • Calcular SOFA e rexistrar en historia clínica electrónica (IANUS).
  • Confirmar ou rexeitar o diagnóstico de sepse. Confírmase sepse se:
    • Puntuación SOFA ≥ 2 puntos (ou aumento en 2 ou máis puntos con respecto ao SOFA basal en caso de disfunción crónica coñecida).
    • De xeito inmediato se, tras a exploración física e a gasometría, existe disfunción hemodinámica, respiratoria ou neurológica (non é necesario esperar a obter todos os resultados analíticos para o diagnóstico de sepse) obxectivada a través dos seguintes parámetros clínicos:
      • TAS < 90 mmHg.
      • Lactato > 4 mmol/l.
      • Relación PaO2/FiO2 < 300 mmHg.
      • GCS < 13.

    A obtención dun SOFA < 2 descarta a sepse nese momento. Non obstante, cómpre ter en conta que a sepse é un proceso dinámico, polo que, se a sospeita clínica se mantén, débese monitorar o paciente e repetir a valoración periodicamente.