CALENDULA é unha aplicación móbil que funciona como asistente para a xestión persoal da medicación.
Axuda aos pacientes para seguir o seu tratamento e lograr que resulte efectivo.
Entre outras funcións, CALENDULA permite:
- Acceso actualizado aos tratamentos prescritos por profesionais do SERGAS.
- Xeración de recordatorios para a toma dos medicamentos prescritos por profesionais sanitarios de dentro e fóra do SERGAS.
- Procura de medicamentos e prospectos.