A Subdirección Xeral de Xestión Asistencial e Innovación é o órgano ao cal lle corresponde o exercicio das seguintes funcións:
a) Xestionar a ordenación e os recursos planificando o dimensionamento de estruturas, tecnoloxías e profesionais desde o punto de vista asistencial.
b) Desenvolver as referencias asistenciais a nivel de centro, especialidade e procedemento.
c) Validar os plans directores e funcionais dos centros sanitarios e facer o seguimento da implantación de novos recursos, técnicas, procedementos e outros medios sanitarios.
d) Coordinar os recursos dos niveis asistenciais.
e) Xestionar as estratexias de innovación destinadas a mellorar a prestación asistencial.
f) Desenvolver a función de compra asistencial de acordo cos criterios xerais establecidos pola autoridade sanitaria.
Para o desenvolvemento das súas funcións, contará con nivel orgánico de servizo, coas seguintes unidades:
- Servizo de Ordenación Asistencial (Funcións):
- a) A coordinación das referencias asistenciais entre os distintos centros e áreas sanitarias.
- b) A planificación das propostas de modificacións estruturais nos centros sanitarios.
- c) A validación dos plans de equipamento dos centros desde o punto de vista da asistencia sanitaria.
- d) O establecemento, seguimento e mantemento do catálogo de procedementos e, en xeral, aqueloutras funcións que, dentro do seu ámbito, lle sexan asignadas.
- Servizo de Recursos Asistenciais. (Funcións):
- a) Planificación e xestión dos recursos humanos e o seu adecuado dimensionamento para a prestación asistencial.
- b) Adecuación dos recursos profesionais integrados nos centros asistenciais en relación co ordenamento das áreas sanitarias e o impulso das competencias avanzadas dos/das profesionais sanitarios/as.
- c) Asignación poboacional en función do ordenamento dos recursos humanos e da súa capacidade asistencial.
- d) Potenciación das mellores prácticas na integración profesional interniveis dentro das estruturas asistenciais e, en xeral, aqueloutras que, dentro do seu ámbito, lle sexan asignadas.
- Servizo de Integración Asistencial. (Funcións):
- a) Impulsar a implantación da xestión integrada nos centros e estruturas do Servizo Galego de Saúde.
- b) Coordinar a integración de prestacións asistenciais de atención primaria e hospitalaria.
- c) Desenvolver unha solución integral para a implementación e o soporte da atención non presencial, a telemedicina, a telemonitorización e a interacción entre profesionais no ámbito asistencial.
- d) Planificar programas asistenciais que impliquen a xestión integral de enfermaría e, en xeral, aqueloutras que, dentro do seu ámbito, lle sexan asignadas.
- Servizo de Contratación Asistencial e Innovación (Funcións):
- a) A elaboración e información das propostas de concertos de asistencia sanitaria, contratos de servizos asistenciais e de transporte sanitario, así como as cláusulas anuais, realizando o seu seguimento e coordinando as propostas cos centros e áreas sanitarias.
- b) A coordinación e o seguimento da prestación ortoprotésica.
- c) A resolución dos reintegros de gastos da asistencia sanitaria con medios alleos no que corresponda ás áreas sanitarias.
- d) A coordinación das iniciativas de materialización das solucións xurdidas no contexto dos proxectos promovidos pola Plataforma de innovación sanitaria e os programas de Innovación H2050 e Innova Saúde, orientándoas para dar resposta ás necesidades asistenciais.
- e) En xeral, aqueloutras que, dentro do seu ámbito, lle sexan asignadas.