Socios da Nova Bauhaus Europea

Socios da Nova Bauhaus Europea

Logo Bauhaus.png

 

A Nova Bauhaus Europea é unha iniciativa creativa e interdisciplinar que abre un espazo de encontro para deseñar futuros xeitos de vivir e se sitúa na encrucillada entre arte, cultura, inclusión social, ciencia e tecnoloxía. A iniciativa leva o Pacto Verde Europeo aos lugares onde vivimos e chama a un esforzo colectivo por imaxinar e construír un futuro sostible, inclusivo e fermoso para a mente e para a alma de todos.

O Servizo Galego de Saúde foi seleccionado pola Comisión Europea como socio desta iniciativa. Trátase do único servizo de saúde europeo que figura como socio. Desde o SERGAS queremos liderar un proxecto transversal de toda Galicia que utilice ao sector saúde como eixo vertebrador da transformación cultural baseada na sostibilidade.​