Programa Operativo Plurirexional de España FEDER 2014-2020

Programa Operativo Plurirexional de España FEDER 2014-2020

Ministerio de Ciencia e Innovación FONDO EUROPEO DE DESENVOLVEMENTO REXIONAL. "Unha maneira de facer Europa"
 

O Programa Operativo Plurirexional de España 2014-2020, resultado da fusión dos anteriores PO Crecemento Intelixente e PO Crecemento Sostible 2014-2020, concreta a estratexia e os obxectivos globais de intervención da Administración General del Estado (AGE) cofinanciadas co fondo FEDER nos ámbitos do crecemento intelixente e sostible (e no ámbito urbán tamén o crecemento integrador) pretende afrontar os retos e necesidades que teñen as PEME, fundamentalmente en tres grandes ámbitos determinantes para mellorar o seu rendimento:

  • Investigación, desenvolvemento tecnolóxico e innovación (I+D+i).
  • O uso e a calidade de tecnoloxías de información e de comunicacións (TIC) e o acceso as mismas.
  • Competitividade de pequenas e medianas empresas.

O programa pretende contribuir a mellora e recuperación da competitividade da economía a través do impulso dun modelo de crecimento más intelixente, apoiado na investigación, desenvolvemento e innovación, TIC e PEMEs. Con isto preténdese elevar o desempeño do conxunto do país con relación a xeración de novo conocemento, o impulso da sociedade dixital e o aumento da creación e internacionalización de empresas e o fomento da inversión productiva.

A Consellería de Sanidade e o Servizo Galego de Saúde desenvolven operacións dentro do marco dun obxectivo específico que se detalla a continuación:

Obxectivo Temático Prioridade de Investimento Obxectivo específico Instrumento
1 Potenciar a investigación, o desenvolvemento tecnolóxico e a innovación. 1.b O fomento da inversión empresarial en I+D+i, o desenvolvemento de vínculos e sinerxias entre as empresas, os centros de investigación e desenvolvemento e o sector da ensinanza superior, en particular mediante o fomento da inversión no desenvolvemento de productos e servizos, a transferencia de tecnoloxía, a innovación social, a innovación ecolóxica, as aplicacións de servizo público, o estímulo da demanda, a interconexión en rede, as agrupacións e a innovación aberta a través dunha especialización intelixente, e mediante o apoio a investigación tecnolóxica e aplicada, liñas piloto, accións de validación precoz dos produtos, capacidades de fabricación avanzada e primeira producción, en particular, en tecnoloxías facilitadoras esenciais e difusión de tecnoloxías polivalentes. 1.2.1 Impulso e promoción de actividades de I+D+i lideradas polas empresas e apoio á creación e consolidación de empresas innovadoras, en relación as actuacións cofinanciadas dentro da liña de actuación de impulso a innovación dende a demanda mediante actuacións de compra pública de innovación (CPI). Convenio de colaboración da liña de Fomento da Innovación Empresarial (FID) entre Servizo Galego de Saúde e o Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades.
 

Organismo intermedio

Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades

Entidade beneficiaria

Servizo Galego de Saúde​​​​​​​