Internet e ti

Internet e ti

A Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia é a titular da páxina http://www.sergas.es (en adiante a páxina web) con domicilio social no Edificio Administrativo San Lázaro s/n, 15703 Santiago de Compostela. A Coruña (España).

As novas tecnoloxías permiten establecer unha nova relación coa cidadanía. A Consellería de Sanidade pretende manter unha xanela aberta as 24 horas do día dedicada á escoita, á participación da cidadanía, á información sanitaria e a axilización dos trámites de acceso á sanidade pública.

Ademais das vantaxes que ofrece a comunicación permanente, as tecnoloxías da información facilitan a posta en marcha novos servizos sanitarios, que a cidadanía pode obter sen necesidade de desprazarse fisicamente ata un centro de saúde ou ata o hospital correspondente.

A Sanidade galega incorpora as novas tecnoloxías co fin de utilizar de forma máis eficiente os seus recursos e eliminar barreiras no acceso á atención sanitaria.

 

Obxecto

 

A páxina web ten por obxecto dar a coñecer a todos os usuarios a información e servizos ofrecidos pola Consellería de Sanidade e o Sergas, podéndose modificar en calquera momento e sen previo aviso o deseño, a presentación ou a configuración da páxina web, así como os seus contidos.Toda a información presentada está dirixida a ​complementar a educación e asesoramento sanitarios e baixo ningunha circunstancia pode substituír o consello ou a consulta ós profesionais sanitarios.Polo tanto, se vostede non é un profesional sanitario e está interesado en calquera información aparecida na nosa páxina recomendámoslle que se asesore cun profesional capacitado para a interpretación dos resultados destas informacións.

 

Condicións de uso e acceso

 

O uso desta páxina web ríxese polo ordenamento xurídico español e polo contido deste código de principios. A utilización da páxina web e dos seus contidos implica a aceptación de todas e cada unha das condicións contidas neste documento, na versión publicada no momento no que se acceda ó mesmo.Os servizos e información ofrecidos pola páxina web son totalmente gratuítos salvo no relativo ó costo da conexión a través da rede de telecomunicacións subministrada polo provedor de acceso contratado polo usuario.A Consellería de Sanidade resérvase o dereito a interromper en calquera momento e sen previo aviso o acceso á páxina web, así como a interromper a prestación de calquera dos servizos que se prestan a través do mesmo, xa sexa por motivos técnicos, de seguridade, de mantemento, polos fallos no subministro eléctrico o por calquera outra causa; dita interrupción poderá ter carácter temporal ou definitivo.Determinados servizos son exclusivos para os profesionais sanitarios; nestos casos, como requisito previo para acceder ó servizo, o profesional deberá rexistrarse escollendo un identificador e unha contrasinal. O uso da contrasinal é persoal e intransferible. O profesional comprométese a facer un uso adecuado dela e a mantela en secreto, asumindo toda responsabilidade polas consecuencias da súa divulgación a terceiros.

 

Propiedade intelectual

 

Queda prohibida a copia, distribución ou publicación do material rexistrado sen a expresa autorización do seu propietario legal.A utilización desta información noutros sitios de internet requirirá da autorización expresa do mesmo e deberá permitir a identificación da súa procedencia.Os visitantes da páxina web están autorizados para acceder, descargar e reproducir o material non rexistrado a texto completo por calquera medio electrónico ou impreso, sempre e cando o seu uso estea relacionado co tema en cuestión e se cite a fonte orixinal. A descarga dos arquivos facilita a obtención de copias individuais desta páxina web; elo non pode ser utilizado para a producción de reimpresións nin para a súa distribución comercial do material rexistrado. As copias múltiples de calquera documento rexistrado serán consideradas como vulneradoras da legalidade que afecta ós dereitos de autor, se non se solicita permiso para elo ó propietario legal da obra.

 

Responsabilidade

 

O usuario non poderá acceder á páxina web de modo que dane, deteriore, inutilice ou sobrecargue os servizos e/ou información ofrecida; non poderá interferir o uso de ditos servizos e/ou información por terceiros; non poderá intentar o acceso nin acceder a sitios, servizos, sistemas informáticos ou a redes conectadas sen autorización ou identificación cando a mesma sexa preceptiva para o acceso, nin mediante actos de intrusión (hacking) nin por calquera outro medio non autorizado. A Consellería de Sanidade non se fai responsable en ningún caso de ningún dano que se puidera causar a un terceiro polos usuarios da páxina web como consecuencia do uso ilegal ou inadecuado da mesma, nin como consecuencia dos contidos e informacións accesibles ou facilitadas a través dela, nin dos sitios vinculados á mesma. Os responsables serán os usuarios ou terceiros causantes dos danos. A Consellería de Sanidade non se fai responsable do contido das páxinas dos enlaces recomendados, por non exercer sobre elas control algún, así como dos cambios de dominio, que podan provocar o acceso a páxinas de contidos non desexados, inapropiados ou ofensivos. A Consellería de Sanidade non garante a ausencia de virus nos servizos e contidos da páxina web, xa sexan prestados directamente ou por terceiros, incluídas as conexións a través de enlaces, polo que non será responsable dos danos e prexuízos que se podan causar como consecuencia da existencia de ditos virus. A responsabilidade da utilización da información contida na páxina web é do usuario. A información administrativa facilitada a través desta web non substitúe a publicidade das leis, das disposicións xenerais e dos actos que teñan que ser publicados formalmente no DOG e outros diarios oficiais, cuxas edicións impresas son o único instrumento que da fe da súa autenticidade e contido.

 

Condicións de uso dos foros da Consellería de Sanidade e o Servizo Galego de Saúde

 
  • O acceso e/o uso dos foros da Consellería de Sanidade atribúe a condición de usuario do servizo, que acepta, dende o citado acceso e/o uso, as condicións xerais de uso recollidas nesta paxina Web.
  •  
  • O servizo de foros da Consellería de Sanidade proporcionan o acceso a multitude de informacións, servizos, programas e datos en Internet pertencentes a Consellería de Sanidade.
  •  
  • O usuario do servizo asume a responsabilidade do bo uso do mesmo. Dita responsabilidade estendese o rexistro que fose necesario para acceder a determinados servizos ou contidos. No devandito rexistro o usuario do servizo será responsable de aportar información veraz e lícita. Como consecuencia deste rexistro, o usuario pódeselle proporcionar unha contrasinal sobre a que será responsable, comprometéndose a facer un uso dilixente e confidencial da mesma.
  •  
  • O usuario do servizo comprometese a facer un uso adecuado dos contidos e servizos que a Consellería de Sanidade ofrece a través de seu servizo de foros e con carácter enunciativo pero non limitativo, a non utilizalos para (i) incorrer en actividades ilícitas, ilegais ou contrarias á boa fe e o orden público; (II) difundir contidos ou propaganda de carácter racista, xenófobo, pornográfico - ilegal, de apoloxía do terrorismo ou atentatorio contra os dereitos humanos; (iii) provocar danos nos sistemas físicos e lóxicos do Website www.sergas.es, dos seus provedores ou de terceiras persoas, introducir ou difundir na rede virus informáticos ou calquera outro sistema físico ou lóxico que sexa susceptible de provocalos danos anteriormente mencionados; (iv) intentar acceder e, no seu caso, utilizar as contas de correo electrónico de outros usuarios e modificar ou manipular as súas mensaxes.
  •  
  • A Consellería de Sanidade reservase o dereito de retirar todos aqueles comentarios e aportacións que vulneren o respecto e á dignidade das persoas, que sexan discriminatorios, xenófobos, racistas, pornográficos, que atenten contra a xuventude ou a infancia, o orden ou a seguridade pública ou que, o seu xuicio, non resultaran adecuados para a sua publicación.
  •  
  • En calquera caso, a Consellería de Sanidade non será responsable das opinions vertidas polos usuarios a través do servizo.
  •  
  • No caso de que calquera usuario identifique calquero contido e / ou información publicada nos foros que cree que pode vulnerar un dereito fundamental lexitimo ou a legalidade vixente non dubide en contatar coa Conselleria de Sanidade para que se podan tomar as medidas apropiadas a través do servizo de "Contacte connosco" na nosa páxina web (http://www.sergas.es).
  •  
  • A Conselleriá de Sanidade reservase o dereito de exclusión e o dereito a denegar ou retirar o acceso o servizo ofrecido sin necesidade de preaviso, a instancia propia ou dun terceiro, a aqueles usuarios que incumpran as presentes condicions de uso.
  •  
  • A Consellería de Sanidade perseguirá o incumprimento das presentes condicións así como calquera utilización indebida do servizo exerciendo todas as acciones civís e penais que lle podan corresponder en dereito.
  •  
  • A Consellería de Sanidade podrá modificar en cualquera momento as condicions aquí determinadas, sendo debidamente publicadas como aquí aparecen. A vixencia das devanditas condicións irá en función da sua exposición e estarán vixentes ata que sexan modificadas por outras debidamente publicadas.
 

Protección de datos

 

En cumprimento do REGULAMENTO (UE) 2016/679 DO PARLAMENTO EUROPEO E DO CONSELLO do 27 de abril de 2016 relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación destes datos e polo que se derroga a Directiva 95/46/CE (Regulamento xeral de protección de datos), infórmaselles que no acceso aos servizos web prestados pola Consellería de Sanidade acepta o tratamento de datos de carácter persoal (cando isto sexa necesarios) por parte da Consellería de Sanidade como responsable do sistema de información do Sistema Público de Saúde de Galicia (Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia). Os devanditos datos incorporarán aos distintos tratamentos realizados pola Consellería de Sanidade. A finalidade e os datos tratados pódense consultar no rexistro de tratamento publicado pola Consellería de Sanidade. 

Toda persoa física ten recoñecido legalmente o dereito para acceder aos datos relativos á súa persoa que están a ser tratados. Tamén ten dereito a solicitar a rectificación e supresión destes datos, así como outros dereitos, como se explica na información adicional. Se desexa exercitar os seus dereitos (acceso, rectificación, supresión,oposición, portabilidade e limitación de tratamento) pode facelo ante Consellería de Sanidade ou calquera dos centros/unidades dependentes desta, así como o Servizo Galego de Saúde ou calquera dos centros/unidades dependentes deste así como as distintas fundacións públicas sanitarias adscritas á Consellería de Sanidade e o Servizo Galego de Saúde. 

Convidámoslle a consultar a información adicional e detallada sobre Protección de Datos na nosa páxina web: http://www.sergas.gal/protecciondatos.

 

Recomendacións de acceso

 

 

Para realizar unha navegación óptima a través deste portal recoméndase o uso das versións máis recentes dos seguintes navegadores: Internet Explorer, Mozilla Firefox, Google Chrome, Safari ou Opera.
De cara á correcta visualización de tódalas páxinas é preciso ter instalados os seguintes complementos:

 

 
  • Plugin para reproducir arquivos multimedia Flash
  •  
  • Programa lector de arquivos de tipo .PDF