Estratexias e funcións do Servizo Galego de Saúde

Estratexias e funcións do Servizo Galego de Saúde

As estratexias do Servizo Galego de Saúde van encamiñadas a:

  • a) Optimizar os dispositivos asistenciais integrados nela, mediante a distribución equitativa dos recursos económicos afectos ao financiamento dos servizos e prestacións de asistencia sanitaria de cobertura pública, mediante a dobre función de compra e provisión de servizos sanitarios, que se exercerán de forma separada
  • b) Garantir os dereitos da cidadanía
  • c) Modernizar e humanizar o Sistema Público de Saúde de Galicia, incorporando modelos de xestión que o dinamicen
  • d) Promover a continuidade asistencial mediante unha organización centrada no paciente como base para asegurar a calidade da asistencia, que supere a tradicional separación entre a atención primaria e a atención especializada e que abranga a atención socio - sanitaria, integrando todas as modalidades asistenciais de atención ao usuario
  • e) Introducir fórmulas organizativas cunha visión lonxitudinal e integradora dos procesos asistenciais baseada na continuidade da atención sanitaria, co fin de acadar a coordinación, colaboración e cooperación de todos os provedores públicos, tendo como centro de atención o paciente, ao cal se lle deben garantir unha calidade obxectiva e uns tempos de atención axeitados

Baixo a tutela da Consellería de Sanidade, desenvolve as funcións seguintes:

  • a) A prestación de asistencia sanitaria a través dos centros, servizos e establecementos da rede galega de atención sanitaria de utilización pública
  • b) A distribución dos recursos económicos necesarios para financiar as actividades asistenciais prestadas polos mesmos. O goberno, a dirección e a xestión dos centros, servizos e establecementos sanitarios propios ou adscritos ao Servizo Galego de Saúde
  • c) A coordinación e a xestión dos recursos humanos, materiais e financeiros asignados
  • d) A execución e o desenvolvemento de programas de docencia e investigación