Galego
Castellano
Galego
Castellano
Buscar
INICIO
Consellería e SERGAS
Temas
É-Saúde
Tecnoloxía
A nosa organización
Asistencia sanitaria
Bioética
Doazón e Transplantes
Docencia e Formación
Hospital 2050 - Innova Saúde
Humanización
Investigación e Innovación
Recursos Económicos
Recursos Humanos
Saúde laboral
Saúde pública
Sociosanitario
Tarxeta sanitaria
Transparencia e Goberno Aberto
Violencia de xénero
Colectivos
Cidadanía
Profesionais
Empresas e Provedores
Interésame
Preciso atención médica primaria
Preciso atención médica especializada
Quero coidar da miña saúde
Teño un fillo/a pequeno/a
Vou ter un fillo/a
Estou investigando
Quero realizar unha consulta e/ou trámite relacionado ca miña saúde
Preciso realizar un trámite relacionado coa miña tarxeta sanitaria
Quero cambiar de médico
Quero ser doante
Preciso unha doazón
Son un traballador/a do Sergas
Son un provedor/a do Sergas
Quero previr unha enfermidade ou accidente no meu lugar de traballo
e-Servizos
Transparencia e goberno aberto
Buscar
Temas
A nosa organización
Organización directiva do Sergas
Órganos centrais de dirección
Órganos colexiados
Consello de Dirección
Consello de Dirección
Escoitar
O Consello de Dirección é o órgano de administración do Servizo Galego de Saúde e estará integrado polos seguintes membros:
A persoa titular da consellería competente en materia de sanidade, que exercerá a presidencia.
A persoa titular da Xerencia do Servizo Galego de Saúde, que exercerá a vicepresidencia e a coordinación do Consello.
A persoa titular da Vicexerencia do Servizo Galego de Saúde.
As persoas titulares das direccións xerais do Servizo Galego de Saúde.
As persoas titulares das xerencias das estruturas de xestión integrada.
Corresponderalle actuar como secretaria do Consello de Dirección, con voz e voto, á persoa titular da Vicexerencia.
O Consello de Dirección reunirase, como regra xeral, unha vez ao trimestre e sempre que sexa convocado pola súa presidencia. Poderán asistir ás sesións do Consello, con voz pero sen voto, profesionais técnicos, representantes de organismos ou outras entidades ou os subdirectores do Servizo Galego de Saúde, cando a presidencia o considere oportuno, tendo en conta os asuntos que se vaian tratar.
Correspóndelle ao Consello de Dirección:
Definir os posicionamentos, orientacións e liñas de actuación de carácter estratéxico do Servizo Galego de Saúde, de acordo cos criterios emanados da Consellería de Sanidade.
Definir as políticas de financiamento e orzamentos do Servizo Galego de Saúde de acordo cos criterios emanados da Consellería de Sanidade.
Emitir informe sobre o anteproxecto do orzamento do Servizo Galego de Saúde e elevalo á Consellería de Sanidade.
Definir as políticas de recursos humanos, os proxectos de carácter estratéxico e o cadro de mando de alta dirección do Servizo Galego de Saúde.
Elaborar todos aqueles informes, de materia da súa competencia, que lle sexan solicitados pola Consellería de Sanidade.
Definir o acordo de xestión anual entre os servizos centrais e as estruturas de xestión integrada.
Realizar o seguimento dos acordos de xestión.
Realizar as avaliacións periódicas e o seguimento dos obxectivos, programas e procesos pactados.
Cantas outras deriven da normativa vixente e lle sexan encomendadas pola persoa titular da Consellería.
Imprimir
Converter a PDF
Enviar por email
Compartir