A Subdirección Xeral de Desenvolvemento Profesional

A Subdirección Xeral de Desenvolvemento Profesional

A Subdirección Xeral de Desenvolvemento Profesional é o órgano ao cal lle corresponde o exercicio das seguintes funcións:

a) A determinación dos diferentes niveis de desenvolvemento profesional e avaliación das categorías e competencias existentes na organización, co fin de adaptalas ás necesidades e obxectivos do servizo público.
b) A análise das necesidades de formación, elaboración de plans e programas de formación contínua encamiñados á mellora de desenvolvemento das competencias profesionais para potenciar e impulsar a calidade dos servizos e a avaliación do desempeño.
c) A análise e implantación dos sistemas de promoción profesional.
d) En xeral, aqueloutras funcións que, dentro do seu ámbito, lle sexan asignadas.

Para o cumprimento de tales funcións, contará con nivel orgánico de servizo, coa seguinte unidade:

Servizo de Desenvolvemento Profesional (Funcións):

  • a) A xestión e coordinación dos procedementos de recoñecemento de graos do sistema de carreira profesional.
  • b) A elaboración das propostas de resolución das solicitudes de recoñecemento de grao que presenten os/as profesionais.
  • c) A elaboración das propostas en materia de promoción profesional.
  • d) En xeral, aqueloutras funcións que, dentro do seu ámbito, lle sexan asignadas.