Epidat
http://www.sergas.es/Saude-publica/EPIDAT
Programa de libre distribución desenvolvido
polo Servizo de Epidemioloxía da Dirección Xeral de Saúde Pública de
utilidade para a análise estatística e epidemiolóxica de datos.
(Manual)
GeoGebra
http://www.geogebra.org/
Software de matemáticas dinámicas de código
aberto e uso sinxelo que reúne xeometría, álxebra e cálculo nun só
programa.
GNU Octave
https://www.gnu.org/software/octave/
É un programa para realizar cálculos
numéricos considerado o equivalente libre de Matlab. Proporciona
capacidades para a solución numérica de problemas lineais e non lineais e
gráficos para a visualización e manipulación de datos.
(Manual)
LibreOffice
https://es.libreoffice.org/
É un paquete de software de oficina libre e
de código aberto que conta cun procesador de texto (Writer), un editor de
follas de cálculo (Calc), un xestor de presentacións (Impress), un xestor
de bases de datos (Base), un editor de gráficos vectoriais (Draw) e un
editor de fórmulas matemáticas (Math).
Maxima Algebra System
http://maxima.sourceforge.net/es/
Sistema para a manipulación de expresións
simbólicas e numéricas que produce resultados de alta precisión,
adicionalmente pode graficar funcións e datos en dúas e tres dimensións.
(Manual)
OpenEpi
http://www.openepi.com/
É unha calculadora web gratuita, dispoñible
para o seu uso en epidemioloxía, bioestatística, saúde pública e medicina
que proporciona unha serie de ferramentas epidemiolóxicas e estatísticas
para os datos resumidos ou agregados.
(Manual)
QGIS
http://www.qgis.org/es/site/
É un Sistema de Información Xeográfica de
código aberto que soporta numerosos formatos e funcionalidades de datos
vector, datos ráster e bases de datos.
(Manual)
R
https://www.r-project.org/
Linguaxe de programación que ofrece unha
ampla variedade de ferramentas estatísticas (modelos lineais e non
lineais, tests estatísticos, análises de series temporais, etc) e gráficas
manexado a través dunha consola na que se introduce o código propio da súa
lenguaxe para obter os resultados desexados.
(Manual)
R Commander
http://www.rcommander.com/
É unha interfaz para a análise estatística
que permite manexar R sen necesidade de coñecer o seu código.
RStudio
https://www.rstudio.com/
É un entorno de desenvolvemento integrado
(IDE) para a linguaxe de programación R. Inclúe unha consola, un editor de
sintaxe que apoia a execución do código e ferramentas para o trazado, a
depuración e a xestión do espazo de traballo.