Lista de software

Lista de software

Epidat

http://www.sergas.es/Saude-publica/EPIDAT

Programa de libre distribución desenvolvido polo Servizo de Epidemioloxía da Dirección Xeral de Saúde Pública de utilidade para a análise estatística e epidemiolóxica de datos.

(Manual)

 

GeoGebra

http://www.geogebra.org/

Software de matemáticas dinámicas de código aberto e uso sinxelo que reúne xeometría, álxebra e cálculo nun só programa.

 

GNU Octave

https://www.gnu.org/software/octave/

É un programa para realizar cálculos numéricos considerado o equivalente libre de Matlab. Proporciona capacidades para a solución numérica de problemas lineais e non lineais e gráficos para a visualización e manipulación de datos.

(Manual)

 

LibreOffice

https://es.libreoffice.org/

É un paquete de software de oficina libre e de código aberto que conta cun procesador de texto (Writer), un editor de follas de cálculo (Calc), un xestor de presentacións (Impress), un xestor de bases de datos (Base), un editor de gráficos vectoriais (Draw) e un editor de fórmulas matemáticas (Math).

 

Maxima Algebra System

http://maxima.sourceforge.net/es/

Sistema para a manipulación de expresións simbólicas e numéricas que produce resultados de alta precisión, adicionalmente pode graficar funcións e datos en dúas e tres dimensións.

(Manual)

 

OpenEpi

http://www.openepi.com/

É unha calculadora web gratuita, dispoñible para o seu uso en epidemioloxía, bioestatística, saúde pública e medicina que proporciona unha serie de ferramentas epidemiolóxicas e estatísticas para os datos resumidos ou agregados.

(Manual)

 

QGIS

http://www.qgis.org/es/site/

É un Sistema de Información Xeográfica de código aberto que soporta numerosos formatos e funcionalidades de datos vector, datos ráster e bases de datos.

(Manual)

 

R

https://www.r-project.org/

Linguaxe de programación que ofrece unha ampla variedade de ferramentas estatísticas (modelos lineais e non lineais, tests estatísticos, análises de series temporais, etc) e gráficas manexado a través dunha consola na que se introduce o código propio da súa lenguaxe para obter os resultados desexados.

(Manual)

 

R Commander

http://www.rcommander.com/

É unha interfaz para a análise estatística que permite manexar R sen necesidade de coñecer o seu código.

 

RStudio

https://www.rstudio.com/

É un entorno de desenvolvemento integrado (IDE) para a linguaxe de programación R. Inclúe unha consola, un editor de sintaxe que apoia a execución do código e ferramentas para o trazado, a depuración e a xestión do espazo de traballo.