Activación da alerta código sepse no hospital

Activación da alerta código sepse no hospital

Plan de Actuacion 
A) Na triaxe de urxencias coa ferramenta Manchester
En todos os pacientes con sospeita de infección potencialmente grave débense monitorar e rexistrar as seguintes constantes:
  • TA.
  • FC.
  • SaO2.
  • Nivel de conciencia.
  • Se TAS 100 mmHg medirase de xeito obxectivo a FR.
Activarase o CÓDIGO SEPSE en pacientes con sospeita de infección cando se cumpra calquera dos seguintes puntos:
  • Unha puntuación qSOFA 2 puntos.
  • Presenza de polo menos un discriminador que cualifique ao paciente como vermello ou laranxa:
    • Choque: TAS < 90 mmHg e/ou signos clínicos de hipoperfusión (sudoración, cianose, palidez).
    • Exantema petequial.
    • Signos de meninxismo.
    • Alteración aguda do nivel de conciencia: GCS < 15.
    • SaO2 < 90% (< 95% con oxíxeno).
    • Taquicardia > 120 l.p.m.
    • Hipertermia: temperatura > 41ºC.
No anexo 'Triaxe de Manchester' (ver sección Anexos) inclúense as recomendacións para realizar a triaxe de Manchester.
 
Tanto a alerta de código sepse como as constantes deben rexistrarse na folla de triaxe (rexistro electrónico) que se incorporará á historia clínica do paciente.
 
B) Activación durante a estancia no Servizo de Urxencias e na planta de hospitalización
O primeiro punto de contacto do paciente co servizo de Urxencias é a triaxe, onde se realiza a primeira valoración. Non obstante, hai que ter en conta que a evolución da sepse é dinámica e que se pode desenvolver disfunción orgánica en calquera momento da estancia nese servizo, así como durante a hospitalización.

Tendo en conta o anterior, na planta de hospitalización, tanto no estudo do paciente con febre/hipotermia como no caso de sospeita de infección ou antes de iniciar antibioterapia, débense incluír todas as exploracións e analíticas necesarias para descartar sepse (rexistro de constantes, gasometría e analítica que permitan calcular o SOFA).

Ademais, ante a presenza de febre, sospeita de infección (a ausencia de febre non descarta a infección e/ou sepse) ou disfunción orgánica de causa non filiada débense avaliar e rexistrar as seguintes constantes:
  • TA.
  • FC.
  • FR.
  • SaO2.
Tanto en urxencias como en planta de hospitalización, en paciente con sospeita ou confirmación de infección ou disfunción orgánica de causa non filiada, activarase CÓDIGO SEPSE ante, polo menos, un dos seguintes criterios:
  • qSOFA ≥ 2 puntos.
  • Calquera dos seguintes criterios analíticos:
    • Bilirrubina 2 mg/dl.
    • Plaquetas < 100.000 /mm3.
    • Creatinina 2 mg/dl (ou dobre en relación coa basal).
  • Calquera dos seguintes criterios gasométricos:
    • Relación PaO2/FiO2 < 300.
    • Lactato > 4 mmol/l*
      *Se o lactato é > 2 mmol/l volver medir ás 3 h.
  • Calquera das seguintes alteracións de constantes:
    • TAS < 90 mmHg ou TAM<65 mmHg.
    • Diurese < 0,5 ml/kg/h durante 2 horas en caso de control horario. En caso de non ter control de diurese horario, extrapolar segundo os controis realizados e iniciar o control horario en caso de dúbida.
    • GCS < 13 ou descenso de 2 puntos respecto ao previo.
A activación poderá realizala o persoal médico e/ou de enfermaría.
 
Por último, en todos os pacientes con sospeita ou confirmación de infección ou disfunción orgánica de causa non filiada e durante toda a súa estancia hospitalaria, débese valorar a posibilidade de activar o CÓDIGO SEPSE cada vez que se realice unha analítica, gasometría ou toma de constantes.