Competencias da Saúde Pública en Saúde Laboral

Competencias da Saúde Pública en Saúde Laboral

As actuacións desenvolveranse de forma coordinada cos empresarios e os representantes dos traballadores e comprenderá os seguintes aspectos:

 ◾Promoción, con carácter xeral, da saúde integral dos traballadores.

 ◾Vixilancia da saúde dos traballadores, individual e colectivamente, para detectar precozmente os efectos dos riscos para a saúde aos que están expostos.

 ◾Desenrolo e actuación nos aspectos sanitarios da prevención dos riscos laborais.

 ◾Promoción da información, formación, consulta e participación dos profesionais sanitarios, dos traballadores e os seus representantes legais e dos empresarios nos planes, programas e actuacións sanitarias no campo da saúde laboral.

 

Coordinadamente coa autoridade laboral:

 ◾Desenvolver un sistema de información sanitaria en saúde laboral dentro do sistema de información de saúde pública.

 ◾Establecer un sistema de indicadores para o seguimento do impacto sobre a saúde das políticas relacionadas co traballo.

 ◾Impulsar unha vixilancia da saúde dos traballadores, coa elaboración de protocolos e guías de vixilancia sanitaria específica en atención aos riscos aos que estean expostos.

 ◾Desenvolver programas de vixilancia da saúde post-ocupacional.

 ◾Autorizar, avaliar, controlar e asesorar a actividade sanitaria dos servizos de prevención de riscos laborais.

 ◾Establecer mecanismos para a integración nos sistemas de información públicos do Sistema Nacional de Salud da información xerada polas actividades sanitarias desenvolvidas polos servizos de prevención de riscos laborais e polas mutuas de accidentes de traballo e enfermidades profesionais da Seguridade Social en relación coa saúde dos traballadores.

 ◾Fomentar a promoción da saúde no lugar de traballo, a través do fomento e desenvolvemento de entornos e hábitos de vida saudables.

 ◾Establecer mecanismos de coordinación en caso de pandemias ou outras crises sanitarias, en especial para o desenvolvemento de accións preventivas e de vacinación.

 ◾Calquera outras que promovan a mellora na vixilancia, promoción e protección da saúde dos traballadores e a prevención dos problemas de saúde derivados do traballo.

 ◾Promover a formación en saúde laboral dos profesionais sanitarios dos sistemas sanitarios públicos.

 

 

Art. 33 lei 33/2011, do 4 de Outubro, Xeral de Saúde Pública.