Vixilancia dos efectos sobre a saúde

Vixilancia dos efectos sobre a saúde

Neste apartado vanse ir pendurando os informes de vixilancia da morbilidade atribuída ás temperaturas elevadas e mesmo a ondas de calor durante o período estival. Este sistema de vixilancia da morbilidade principiou no verán de 2004, e ten as características que se describen en cadanseu plan anual de Actuacións da Xunta de Galicia fronte aos posibles efectos das altas temperaturas sobre a saúde, que non son necesariamente idénticas sempre.

Os informes deste apartado os realiza anualmente o servizo de epidemioloxía en dúas etapas, unha inicial, o informe provisional, en abril do ano seguinte ao período de vixilancia comentado, que incorpora todas as análises agás as que se fan por causa de defunción, porque para esa data aínda non está codificada: disponse só do día do falecemento e do número, sexo e idade das persoas falecidas. Posteriormente, en outubro, incorpóranse estas análises e se elabora o informe definitivo.

Este apartado contén, ademais, un informe sobre a mortalidade asociada ás ondas de calor do verán de 2003, que foron as que amosaron a necesidade de dispor dun plan de intervención como as devanditas Actuacións da Xunta de Galicia fronte aos posibles efectos das altas temperaturas sobre a saúde.