Existen diferentes grupos de factores que contribúen a la aparición dos TME, entre eles, os físicos e biomecánicos, os organizativos e psicosociais, así como os individuais e persoais, podendo presentarse de forma separada ou conxunta.
Factores físicos e biomecánicos:
Esforzos: levantar, transportar, empuxar ou tirar de obxectos; uso de ferramentas.
Movementos repetitivos.
Posturas incómodas e estáticas, por exemplo a de estar coas mans por encima do nivel dos ombreiros, ou ben a de permanecer de pé ou sentado durante períodos prolongados.
Compresión local de ferramentas e superficies.
Vibracións.
Frío ou calor excesivos.
Escasa iluminación, o que pode provocar accidentes.
Factores organizativos e psicosociais:
Traballo esixente, falta de control sobre as tarefas realizadas e baixo nivel de autonomía.
Escaso nivel de satisfacción laboral.
Traballo repetitivo e monótono a un ritmo rápido.
Falta de apoio por parte dos compañeiros, supervisores e responsables.