Campaña Europea de información e sensibilización en prevención de riscos laborais. Traballos saúdables: Xestión do estrés e dos riscos psicosociais no traballo
O Servizo Galego de Saúde inicia o día 28 de abril, coincidindo co Día Mundial da Seguridade e Saúde no Traballo, a campaña de prevención de riscos laborais co lema: "
Traballos saudables: Xestionemos o estrés", coordinada pola
Axencia Europea para a Seguridade e a Saúde no Traballo (EU-OSHA).
Asemade, e como mostra do compromiso da Administración sanitaria galega de crear lugares de traballo máis seguros e saudables en beneficio de todos, o SERGAS adheriuse a esta iniciativa como socio colaborador a nivel nacional.
Son obxectivos desta campaña:
- Mellorar o coñecemento do estrés relacionado co traballo e os riscos psicosociais
- Promover a xestión destes riscos
- Previr os efectos negativos significativos
- Proporcionar asistencia e orientación a profesionais e xerencias
- Fomentar a utilización de ferramentas prácticas e de fácil manexo
Recursos e materiais:
- Certificado socio Nacional da campaña 2014-2015
- Cartel oficial da Campaña
- Pé de sinatura para correo
- Tríptico Factores de risco psicosocial