Cal é o alcance do problema dos TME

Cal é o alcance do problema dos TME

Segundo datos da Unión Europea (UE), os TME son o problema de saúde relacionado co traballo máis frecuente na UE: o 25 % dos traballadores europeos quéixanse de dor de costas e o 23 % de dores musculares.

Polo xeral, as mulleres están menos expostas a factores de risco físico, aínda que polo que respecta a determinados riscos (traballos que implican mover a outras persoas), a exposición das mulleres é significativamente superior á dos homes (un 11 % e un 6 %, respectivamente) durante unha cuarta parte do tempo ou máis.

En España, segundo a VI Enquisa nacional de condicións de traballo, a través dunha pregunta de resposta múltiple indágase nas zonas que os traballadores sente molestias achacadas ás posturas e aos esforzos derivados do traballo. 

De todos os traballadores enquisados, o 74,2% sinalan sentir algunha molestia músculo-esquelética relacionada co traballo, que achacan a posturas e esforzos realizados e que se localizan na zona baixa das costas (40,1%), a noca/colo (27%) e a zona alta das costas (26,6%).

Do persoal sanitario enquisado, o 79,9% sinalou que sentiron algunha molestia que foron localizadas na zona baixa das costas (49,6%), a noca/colo (34,4%) e a zona alta das costas (32,4%) e aproximadamente un 12% nos brazos, ombros e pernas