Introdución H2050

Introdución H2050

Hospital 2050 (H2050) é un plan de innovación sanitaria centrado no desenvolvemento de tecnoloxías capaces de dar vida ao hospital do futuro. Activado a través dun proceso de compra pública innovadora cofinanciado con fondos FEDER, finalizou en 2015 co resultado de 9 proxectos
 
 
45 Millones € presupuesto,9 proyectos, > más 90 contratos empresas,12 contratos CPI y más 100 profesionales
Retos. Os retos asociados a H2050 estrutúranse ao redor de tres grandes eixos:
Hospital seguro: Desenvolvemento de solucións que garantan a seguridade do paciente e a súa confianza nos coidados sanitarios recibidos, así como a seguridade dos xestores e profesionais na prestación dunha asistencia eficiente.
Hospital verde: Programas de uso eficiente de auga e enerxía, xestión integral de residuos sólidos e líquidos e manexo adecuado de sustancias químicas, garantindo o cumprimento da normativa ambiental e sanitaria vixente.;
Hospital sustentable e eficiente: Ferramentas tecnolóxicas para a redución de riscos ambientais e ocupacionais, a educación ambiental, a seguridade, a calidade na atención ao paciente, a redución de custos, a diminución do consumo de enerxía, a mellora da loxística e o aumento da produtividade.