Sesións clínicas

Sesións clínicas

Actividades periódicas programadas onde un grupo de profesionais intercambian información científica, opinións e experiencias sobre áreas de competencias comúns da súa práctica diaria. Inclúen, entre outras:

  • Sesións clínicas.
  • Series de casos.
  • Exposición de casos xa resoltos.
  • Resolución de casos con expertos.
  • Sesións sobre probas complementarias, fármacos, derivacións, escenarios,...
  • Sesións bibliográficas.
  • Sesións sobre guías de práctica clínica.
  • Sesións transversais (calidade asistencial, organización, clínica, etc.)
     

Requisitos:

  1. Unha única solicitude cuberta segundo o modelo normalizado.
  2. Programa definido cun responsable por caso/sesión.
  3. Calendario. Agrupadas por períodos.
  4. Duración por sesión para admisión a trámite: unha hora como mínimo e como máximo dúas.
  5. Control de asistencia 100 % por sesión e 80% do programa.
  6. Enquisa de opinión/satisfacción (por sesión ou por programa, atendendo ao número de participantes).