Información para profesionais

Información para profesionais

RECORDE:

  • A venda debe ser realizada coa intervención dun farmacéutico, dende a súa oficina de farmacia, previo asesoramento personalizado conforme preveñen os artigos 19.4 y 84.1 da Lei 29/2006, de 26 de xulio, de garantías e uso racional dos medicamentos e productos sanitarios, e deberá cumplirse a normativa aplicable ós medicamentos obxeto de venda.
  • A venda de medicamentos únicamente pode realizarse directamente dende a oficina de farmacia responsable da dispensación, sen intervención de intermediarios.
  • Non poderán realizarse agasallos, premios, obsequios, concursos, bonificacións ou actividades similares como medios vinculados á promoción ou venda ó público de medicamentos mediante sitios web, sen perxuizo dos descontos sobre o prezo de venda que se contemplen na normativa vixente.
  • Cando o comprador se encontre noutro Estado Membro, a venda a distancia mediante sitios web realizarase dacordo cos requerimentos establecidos no Real Decreto 870/2013, 8 de novembro, así como os esixibles no país de destino, tanto respecto ós medicamentos, incluíndo etiquetado, prospecto e clasificación, como ás condicións da súa dispensación.

Ademais, pode consultar máis información relativa á venda a distancia de medicamentos no sitio web da Axencia Española de Medicamentos e Produtos Sanitarios (http://www.aemps.gob.es) e da Axencia Europea de Medicamentos (http://www.ema.europa.eu/ema/index.jsp?curl=/pages/regulation/general/general_content_000630.jsp).