A Constitución Española

A Constitución Española

Constitución Española
Arts.: 41,43, 50, 51, 148.1.20ª, 148.1.21ª, 149.1.16ª, 149.1.17ª
 
41. Os poderes públicos manterán un réxime público de Seguridade Social para tódolos cidadáns, que garantice a asistencia e prestacións sociais suficientes ante situacións de necesidade, especialmente en casos de desempleo. A asistencia e prestacións complementarias serán libres.
 
43.1. Recoñécese o dereito á protección da saúde.
2. Compete ós poderes públicos organizar e tutelar a súa de pública a través de medidas preventivas e das prestacións e servicios necesarios.
A lei establecerá os dereitos e deberes de todos ó respecto.
3. Os poderes públicos fomentarán a educación sanitaria, a educación física e o deporte.
Así mesmo facilitarán a axeitada utilización do ocio.
 
50. Os poderes públicos garantizarán, mediante pensións axeitadas e periodicamente actualizadas, a suficiencia económica ós cidadáns durante a terceira idade. Así mesmo, e con independencia das obrigas familiares, promoverán o seu benestar mediante un sistema de servizos sociais que atenderán os seus problemas específicos de saúde, vivenda, cultura e ocio.
 
51.1 Os poderes públicos garantizarán a defensa dos consumidores e usurarios, protexendo, mediante procedementos eficaces, a seguridade, a saúde e os lexítimos intereses económicos dos mesmos.
2. Os poderes públicos promoverán a información e educación dos consumidores e usuarios, fomentarán as súas organizacións e oirán a estas naquelas cuestións que poidan afectar a aqueles, no termos que a lei establezca.
3. No marco do disposto polos apartados anteriores, a lei regulará o comercio interior e o réxime de autorización de productos comerciais.
 
148. 1. As Comunidades Autónomas poderán asumir competencias nas seguintes materias:
20º. Asistencia social.
21ª. Sanidade e hixiene.
 
149. 1. O Estado ten competencia exclusiva sobre as seguintes materias:
16ª. Sanidade exterior. Bases e coordinación xeral da sanidade. Lexislación sobre productos farmacéuticos.
17ª. Lexislación básica e réxime económico da Seguridade Social, sen prexuízo da execución dos seus servizos polas Comunidades Autónomas.