Onde e como podo presentar unha reclamación relacionada coa lista de espera cirúrxica?

Onde e como podo presentar unha reclamación relacionada coa lista de espera cirúrxica?

Se vostede quere presentar unha reclamación pode facelo:
 
◾ De xeito presencial no seu Centro de saúde ou a través do Servizo de Atención ao Paciente do seu hospital
 
◾ ou de forma telemática por medio do espazo habilitado nesta páxina Web.

Lembre que as reclamacións por escrito poden ser presentadas segundo o disposto no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas:
 
◾nos rexistros dos órganos administrativos aos que se dirixan
 
◾ nos rexistros de calquera órgano administrativo, que pertenza á Administración Xeral do Estado, á de calquera administración das comunidades autónomas, ou á dalgunha das entidades que integran á Administración Local se, neste último caso, se subscribise o oportuno convenio
 
◾ nas oficinas de correos, na forma que regulamentariamente se estableza
 
◾ nas representacións diplomáticas ou oficinas consulares de España ou do estranxeiro
 
◾ en calquera outro lugar que establezan as disposicións vixentes