Documentación a presentar pola persoa usuaria
- Solicitude do reintegro de gasto asinada pola persoa usuaria ou a persoa representante legal (debidamente acreditada), na que conste o NIF da persoa receptora da prestación e o IBAN da conta bancaria.
Folla de prescrición ortoprotésica realizada polo persoal facultativo do Servizo Galego de Saúde.
Copia da ficha técnica do produto dispensado polo establecemento sanitario.
Factura orixinal da adquisición do material ortoprotésico na que conste de forma expresa e clara o produto dispensado, o código que segundo o catálogo lle corresponde, o importe aboado e a data efectiva de adquisición.
Documento de cesión de crédito (endoso), no seu caso.
Copia do informe médico para recambio, no seu caso.
Copia do protocolo de prescrición, no seu caso.
No caso de prescrición de caixa de control ou mando para cadeira eléctrica: ficha técnica do produto prescrito e ficha técnica da correspondente cadeira eléctrica.
Copia da resolución da Comisión Central para a Regulación e Seguimento da Prestación Ortoprotésica nos supostos nos que sexa necesaria a súa autorización previa.
Documentación para o procedemento de autorización previa de reparación:
- Copia da folla de prescrición.
- Orzamento da reparación.
Documentación para o procedemento de autorización previa de mellora:
- Copia da folla de prescrición.
- Ficha técnica do produto prescrito.
- Ficha técnica del producto solicitado