A Subdirección Xeral de Selección de Persoal

A Subdirección Xeral de Selección de Persoal

A Subdirección Xeral de Selección de Persoal é o órgano ao cal lle corresponde o exercicio das seguintes funcións:

a) Xestión dos procesos de selección e provisión do persoal estatutario.
b) Xestión dos procesos de selección do persoal sanitario funcionario incluído no ámbito de aplicación da Lei 17/1989, do 23 de outubro.
c) Exercicio das competencias en materia de expediente persoal electrónico dos/das profesionais do Sistema público de saúde de Galicia.
d) En xeral, aqueloutras funcións que, dentro do seu ámbito, lle sexan asignadas.

Para o cumprimento de tales funcións contará, con nivel orgánico de servizo, coas seguintes unidades:
  • Servizo de Selección Fixa e Provisión (Funcións):

  • a) A preparación e execución das ofertas de emprego público do persoal do organismo, en especial do persoal estatutario e do persoal sanitario funcionario incluído no ámbito de aplicación da Lei 17/1989, do 23 de outubro.
  • b) A execución dos distintos sistemas de provisión de postos de traballo para o persoal estatutario dependente do organismo.
  • c) O asesoramento, o estudo e a elaboración de informes e propostas nas ditas materias.
  • d) En xeral, aqueloutras funcións que, dentro do seu ámbito, lle sexan asignadas.

 

  • Servizo de Selección Temporal (Funcións):

  • a) A preparación e execución dos procesos de selección de persoal estatutario temporal, e do persoal funcionario da Lei 17/1989, do 23 de outubro, dependente do organismo ou consellería competente en materia de sanidade, en aplicación das normas que regulen a dita cobertura.
  • b) A xestión de chamamentos das listas para a cobertura temporal de postos de persoal funcionario da Lei 17/1989, do 23 de outubro.
  • c) A preparación e execución dos procesos de promoción profesional temporal do persoal estatutario fixo.
  • d) O asesoramento, o estudo e a elaboración de informes e propostas nas ditas materias.
  • e) En xeral, aqueloutras funcións que, dentro do seu ámbito, lle sexan asignadas.

 

  • Servizo de Xestión do Expediente Profesional Electrónico (Funcións):

  • a) O desenvolvemento, a xestión e o seguimento do expediente persoal electrónico dos/das profesionais do Sistema público de saúde de Galicia, a través do sistema de información corporativo Fides/Expedient-e.
  • b) A coordinación das unidades administrativas periféricas de xestión do expediente persoal electrónico, así como o asesoramento na materia aos órganos directivos do Servizo Galego de Saúde, da consellería competente en materia de sanidade e institucións sanitarias do Sistema público de saúde de Galicia.
  • c) A elaboración das instrucións, manuais e guías de actuación en materia do expedient-e electrónico persoal, a programación de accións formativas e demais accións que faciliten o debido coñecemento e o seu acceso ás persoas usuarias e profesionais.
  • d) O establecemento de propostas de mellora e optimización da xestión e desenvolvemento do sistema.
  • e) En xeral, aqueloutras funcións que, dentro do seu ámbito, lle sexan asignadas.