Breve Descrición do Proxecto
Realízanse 3 modalidades de obradoiros en 8 colexios da provincia de Lugo impartidos por enfermeiras e matronas de AP nos que, mediante dinámicas de grupo,audiovisuais, folletos se pretende acerca a promoción de saúde ao ámbito escolar.
Obradoiro Hábitos saudables. Alimentación e exercicio físico
- Alumnos/as: De 1º a 4º da ESO
- Impartido por: Enfermeiras de AP
- Proporcionar os coñecementos sobre os beneficios que aporta o exercicio físico
- Sensibilizar sobre o impacto negativo do sedentarismo
- Promover dinámicas que fomenten o desenvolvemento dun estilo de vida activo e perdurable
Obradoiro Alcohol e Tabaco
- Alumnos/as: 3º e 4º da ESO
- Impartido por: Enfermeiras de AP
- Identificar estas sustancias como capaces de producir dependencia
- Dar a coñecer os problemas de saúde derivados do seu consumo
- Desenvolver capacidades para resistir a presión grupal e social
Obradoiro educación afectivo-sexual- Impartido por: Matronas de AP
- Alumnos/as: De 1º a 4º da ESO
- Transmitir un concepto de sexualidade veraz a alcanzable á idade dos alumnos/as
- Ofrecer ferramentas e estratexias para a prevención de riscos asociados a condutas sexuais,ETG e embarazos non desexados
- Dar a posibilidade de facer preguntas anónimas