Deshabituación tabáquica

Deshabituación tabáquica

<
Título do Proxecto
Deshabituación tabáquica dende a consulta de enfermaría mediante terapia conductual e/ou terapia substitutiva de nicotina.
<
Promotor/a
Úrsula Nieto Caamaño CS Adormideras (A Coruña)
<
Colectivo destinatario
Doentes fumadores que se atopan na fase de preparación ( Prochaska e DiClemente) no abandono ó hábito tabáquico da área sanitaria de A Coruña
<
Obxectivos
  • Intervención terapéutica con seguimento a largo prazo (de 6 meses a un ano)
  • Cambio de actitude no doente, entrevista motivacional.
  • Crear e fomentar rede de apoio con outros doentes en igual ou similar situación.
  • Abandono de hábito tabáquico mediante modificación de conduta e terapia substitutiva de nicotina e apoio farmacolóxico si o precisa ( en colaboración con MAP)
<
Número de participantes previsto
De 6 a 8 en cada sesión
<
Período de desenvolvemento
Período de desenvolvemento De luns a venres de 09:00 a 13:00H Setembro 2019
<
Área xeográfica de Intervención
Área sanitaria A Coruña Dende consulta do tabaco no HU A Coruña e centros de saúde máis relevantes da área sanitaria (de forma itinerante pero programada) para que chegue a toda a poboación.
<
Pertinencia
Prestación recollida na carteira de servicios comúns de Sistema Nacional de Saúde RD 1030/2006 no punto 6.4.4 “ Atención a persoas con conductas de risco, atención a fumadores e apoio á deshabituación de tabaco...” Definida pola OMS como enfermidade aditiva crónica. E Unha das drogas mais aditivas e un dos maiores problemas de saúde publica prevenibles, principal causa de morte asociado a enfermidades cardiovasculares, EPOC e cancro de pulmón. O 70% de fumadores refiren o desexo de deixar de fumar (MSC,1999). Grandes beneficios para a saúde e o benestar do doente e o seu entorno ademais dos beneficios que supón para o sistema de saúde.
<
Breve Descrición do Proxecto
Primeira entrevista individual co doente para recadar datos sobre os hábitos de fumar, test de Fagerstone de dependencia e test motivacional de Richmond. Valoración clínica, cooximetria, espirometría, ECG e ITB por si hai afectación dos parámetros de saúde para proceder a súa corrección. En grupo traballase os motivos polos que se fuma e polos que se quere deixar de fumar. Beneficios para a saúde, económicos, laborais e para o entorno do fumador. Cada participante leva para a casa un rexistro que se comenta na seguinte sesión. En cada sesión propóñense técnicas para deixar de fumar e para aumentar a motivación. Tamén se trata o síndrome de abstinencia e a aqueles fumadores onde o craving poida ser un risco importante ofertase terapia substitutiva de nicotina e ,se o precisa, sesións individuais.
<
Avaliación
Avaliación de forma continua mediante os rexistros aportados polo propio doente e os feitos polo persoal de enfermaría. Cooximetria en cada sesión. Seguimento tras deixar o tabaco de forma telefónica ata cumprir o ano de abandono.
<
Para saber mais...
www.sergas.es/Saude-publica/tabaco Wb OMS www.who.int/tobacco Asociación española contra el cáncer