Tras a aprobación, o pasado 4 de xullo, da Orde SND/726/2023 pola que se declara a finalización da situación de crisis sanitaria ocasionada pola COVID-19, actualízanse os protocolos e circuítos relacionados coa COVID-19:
▪
A
COVID-19 continúa sendo unha enfermidade de declaración obrigatoria
(https://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-2023-15135
-
Título
V. Capítulo I. Artículo 208. Modificación del Real Decreto
2210/1995, de 28 de diciembre, por el que se crea la red nacional de
vigilancia epidemiológica), polo que os hospitais e laboratorios
(públicos e privados) deben continuar declarando os casos que
diagnostiquen a través dos mecanismos establecidos
(https://www.sergas.gal/Saude-publica/Notificacion-casos-hospitais-privados
e
https://www.sergas.gal/Saude-publica/Notificacion-casos-laboratorios-privados).
Para máis información sobre a declaración de casos confirmados da
COVID-19, pode remitir un correo electrónico a Covid-19@sergas.es
▪ Os
centros sanitarios xa NON precisan continuar declarando a ocupación
hospitalaria nin as necesidades de material relacionados coa COVID-19
(COVIDMETRICAS e COVID19MATERIAL), posto que decaeu a declaración ao
"Sistema de Información de Capacidad Asistencial Hospitalaria
(SICAH)"