Aínda que ás veces se relacionan os cosméticos con produtos de coidado facial, perfumes ou produtos de maquillaxe, na definición anterior englóbanse moitas máis categorías. A continuación inclúense unha listaxe orientativa de produtos cosméticos:
• Cremas, emulsións, locións, xeles e aceites para a pel
• Máscara de beleza
• Maquillaxes de fondo (líquidos, pastas, pos)
• Pos de maquillaxe
• Pos para aplicar despois do baño
• Pos para a hixiene corporal
• Xabóns de tocador
• Xabóns desodorizantes
• Perfumes
• Augas de tocador
• Augas de colonia
• Preparados para baño e ducha (sales, espumas, aceites, xeles)
• Depilatorios
• Desodorizantes e antitranspirantes
• Produtos capilares:
- Colorantes para o pelo
- Produtos para a ondulación, alisado, marcado e fixación do pelo
- Produtos para a limpeza do pelo (locións, champús, pos)
- Produtos para o mantemento do pelo (locións, cremas, aceites)
- Produtos para o peiteado (locións, lacas, brillantinas)
• Produtos para o afeitado (xabóns, espumas, locións)
• Maquillaxe e produtos para desmaquillar
• Produtos destinados a aplicarse nos beizos
• Produtos para coidados bucais e dentais
• Produtos para o coidado e maquillaxe das uñas
• Produtos para a hixiene íntima externa
• Produtos para o sol e bronceado sen sol
• Produtos para o branqueo da pel
• Produtos antienrugas