Os biocidas requiren dunha autorización para poder ser comercializados e as súas substancias activas teñen que ser aprobadas ou ben estar incluídas no programa de revisión para ser avaliadas a nivel comunitario. A poboación xeral debe saber que ao adquirir un repelente/insecticida debe comprobar que este figure debidamente rexistrado/autorizado comprobando a súa etiqueta. Pola súa banda, os profesionais que desexen obter información sobre estes productos poderán obtela seguindo as instruccións que se detallan a continuación: Acceder ao Registro de plaguicidas no agrícolas o biocidas e buscar os códigos específicos para insecticidas (Número: 30) ou para repelentes/atrayentes (Número: 50) como se ve na imaxe de exemplo Acceder ao Productos biocidas inscritos en el Registro Oficial de Biocidas e buscar os códigos específicos para insecticidas (Tipo de producto y finalidad: TP18) ou para repelentes/atrayentes (Tipo de producto y finalidad: TP19) como se ve na imaxe de exemplo Acceder ao Registro de la Agencia Española de Medicamentos y Productos Sanitarios donde está dispoñible a relación de repelentes de insectos de uso humano eficaces frente a mosquitos do xénero Aedes e que inclúe aos biocidas TP1 de "hixiene humana". NOTA IMPORTANTE: os biocidas que conteñan substancias activas NON aprobadas para o tipo de produto en cuestión pero que se atopen en período de avaliación a nivel comunitario, poden ser comercializados de acordo á normativa nacional existente. Polo tanto, cando estean autorizados (Real Decreto 3349/1983) ou notificados (disposición transitoria segunda del Real Decreto 1054/2002) á espera de decisión definitiva sobre a súa aprobación, as medidas transitorias no Regulamento (UE) Nº 528/2012 permite que poidan existir produtos comercializados no mercado que non figuren nos rexistros previos. Pódense consultar aquí os productos biocidas en período transitorio.
Os biocidas requiren dunha autorización para poder ser comercializados e as súas substancias activas teñen que ser aprobadas ou ben estar incluídas no programa de revisión para ser avaliadas a nivel comunitario. A poboación xeral debe saber que ao adquirir un repelente/insecticida debe comprobar que este figure debidamente rexistrado/autorizado comprobando a súa etiqueta. Pola súa banda, os profesionais que desexen obter información sobre estes productos poderán obtela seguindo as instruccións que se detallan a continuación:
NOTA IMPORTANTE: os biocidas que conteñan substancias activas NON aprobadas para o tipo de produto en cuestión pero que se atopen en período de avaliación a nivel comunitario, poden ser comercializados de acordo á normativa nacional existente. Polo tanto, cando estean autorizados (Real Decreto 3349/1983) ou notificados (disposición transitoria segunda del Real Decreto 1054/2002) á espera de decisión definitiva sobre a súa aprobación, as medidas transitorias no Regulamento (UE) Nº 528/2012 permite que poidan existir produtos comercializados no mercado que non figuren nos rexistros previos. Pódense consultar aquí os productos biocidas en período transitorio.