Trátase do I Plan de Igualdade que se aproba no Servizo Galego de Saúde. O Plan conta co apoio de todas as organizacións sindicais con representación na Mesa Sectorial de Sanidade CIG, CCOO, CSIF, SATSE e UGT.
Apróbase logo de dous anos de traballos realizados no seo da Comisión de Igualdade en aras de acadar a integración do principio de igualdade de oportunidades entre mulleres e homes no SERGAS e, particularmente, nas políticas de xestión de recursos humanos.
Mobilidade por protección fronte á violencia de xénero (Procedemento e Anexo)
Video presentación do I Plan de Igualdade