SALFAR (Robotización hospitalaria)

SALFAR (Robotización hospitalaria)

  • Trátase do deseño, desenvolvemento e testado dun sistema modular que permita a trazabilidad dos fármacos na contorna hospitalaria.
  • Trátase de enriquecer a automatización dos procesos de almacenamento, dispensación e administración dos medicamentos, centrándose na dixitalización da información (código nacional, lote, caducidade e outros datos) e o seu marcado mediante etiquetas tipo RFDI e DataMatrix. Isto permitirá controlar todo o ciclo do medicamento e a xestión automática de stocks.
  • As probas piloto realizáronse nas Estruturas Organizativas de Xestión Integrada (EOXI) da Coruña e Ourense-Verín-O Barco de Valdeorras.