Todos os pacientes teñen dereito á calidade de vida, á integridade física e psíquica, ao respecto á súa dignidade, á intimidade, valores éticos e culturais e conveccións filosóficas e relixiosas, non sendo discriminados durante o proceso de atención por estes motivos.
En Europa, o desenvolvemento dos dereitos do paciente parte dun marco común de principios e disposicións, establecidos nos seguintes Instrumentos Intergubernamentais, Tratados e Convenios Internacionais:
- Declaración Universal de Dereitos Humanos (1948)
- Convenio Internacional de Dereitos Civís e Políticos (1966)
- Convenio Internacional de Dereitos Económicos, Sociais e Culturais (1966)
- Convenio Europeo de Dereitos Humanos e Liberdade Fundamental (1950)
- Carta Social Europea (1961)
- Declaración de Amsterdam sobre a promoción dos dereitos do paciente en Europa (Organización Mundial da Saúde, 1994)
- Convención de Dereito Humanos e Biomedicina (Consello de Europa, 1997)
- Carta de París Contra o Cancro (2000).