Comité executivo

Comité executivo

  • O Comité Executivo do Servizo Galego de Saúde estará integrado polos seguintes membros:
    1. A persoa titular da consellería competente en materia de sanidade, que exercerá a presidencia.
    2. A persoa titular da Xerencia do Servizo Galego de Saúde, que exercerá a vicepresidencia e a coordinación do Comité.
    3. A persoa titular da Vicexerencia do Servizo Galego de Saúde.
    4. As persoas titulares das direccións xerais do Servizo Galego de Saúde.
  • Corresponderalle a realización das tarefas de secretaría do Comité Executivo, con voz e voto, á persoa titular da Vicexerencia.
  • O Comité Executivo reunirase, como regra xeral, unha vez á semana e sempre que sexa convocado pola súa presidencia. Poderán asistir ás sesións do Comité, con voz pero sen voto, profesionais técnicos, representantes de organismos ou outras entidades ou os subdirectores do Servizo Galego de Saúde, cando a presidencia o considere oportuno, tendo en conta os asuntos que se vaian tratar.
  • Correspóndelle ao Comité Executivo:
    1. Efectuar o seguimento e acordar actuacións nas políticas e estratexias do Servizo Galego de Saúde.
    2. Realizar o seguimento e acordar actuacións nas políticas de investimentos e recursos humanos.
    3. Definir as actuacións nas políticas de financiamento e orzamentos e realizar o seu seguimento.
    4. Acordar as actuacións nos proxectos conforme as estratexias definidas e realizar o control e seguimento deles.
    5. Efectuar o seguimento e acordar actuacións nos programas e procesos que se van desenvolver.
    6. Realizar as reorientacións do cadro de mando sobre os resultados obtidos, se é o caso, e controlar o seu seguimento.
    7. A resolución de incidencias no seu ámbito.