Aceptacións




Carta
A Consellería de Sanidade ten en marcha o Programa galego de detección precoz do cancro de cérvix.
O Programa consiste na realización dun test ás mulleres de 35 a 65 anos para detectar infección polo virus de papiloma humano (VPH), causa principal deste cancro. A participación é voluntaria e gratuíta pero é importante para a saúde.
Solicitámoslle que nos comunique o seu interese para participar no Programa e indique cal é a súa preferencia:
  • Autotoma: recoller vostede mesma unha mostra do fluído vaxinal. A realización é moi sinxela e enviariámoslle o dispositivo para a súa recollida, así como as instrucións de como facelo.
  • Acudir ao seu centro de saúde para a recollida da mostra.
No caso de estar embarazada, ou se tivo un parto ou un aborto nos últimos 4 meses, non é preciso que realice a proba neste momento, pero solicitámoslle que o comunique ao Programa ao enderezo electrónico infocervix@sergas.es, o que nos permitirá volver a invitala dentro dun ano.
Se ten algunha dúbida ou precisa máis información, pode consultar no seguinte enlace:



Quero participar
Non quero participar