|
Resolución conxunta
do 1 de marzo de 2001, da Secretaría Xeral da Consellería de Sanidade e
Servicios Sociais e da División de Recursos Humanos do Servicio Galego de
Saúde, pola que se ordena a publicación do acordo de concertación social
subscrito pola Administración sanitaria e as centrais sindicais CC.OO., CIG,
CESM-SATSE, CSI-CSIF e UGT sobre retribucións e condicións de traballo do
persoal sanitario non facultativo e persoal non sanitario do Servicio Galego
de Saúde. |
No
marco da mesa sectorial de persoal sanitario, tralo proceso negociador seguido
coas centrais sindicais integrantes dela, na derradeira reunión celebrada o 22
de febreiro de 2001, a Administración sanitaria e a totalidade das centrais
sindicais acordaron elevar a definitivo o documento que figuraba como único
punto da orde do día da mesa, que contén determinados aspectos sobre
retribucións e condicións de traballo do persoal sanitario non facultativo e
persoal non sanitario do Servicio Galego de Saúde.
Ámbolos
aspectos anteriormente referenciados conxúganse no documento anexo, co carácter
de acordo, asinado pola Administración sanitaria e as centrais sindicais
CC.OO., CIG, CESM-SATSE, CSI-CSIF, UGT e celebrado de conformidade co artigo 35
da Lei 9/1987, do 9 de xuño, pola que se regulan os órganos de representación,
determinación das condicións de traballo e participación do persoal ó servicio
das administracións públicas.
Así mesmo,
consonte esixe, para a súa validez, o mencionado artigo, foi aprobado polo
Consello da Xunta de Galicia en sesión do día un de marzo de dous mil un.
O contido
do devandito acordo é o que figura como anexo á presente resolución.
Para xeral
coñecemento, de acordo co artigo 36 da citada Lei 9/1987, faise necesaria a súa
publicación no Diario Oficial de Galicia.
Na súa
virtude,
RESOLVEN:
Dispoñe-la publicación do acordo de concertación social sobre retribucións e
condicións de traballodo persoal sanitario non facultativo e persoal non
sanitario do Servicio Galego de Saúde.
Derrogación:
Quedan derrogados e sen ningún efecto tódolos acordos ou actos que existisen e
se viñeran aplicando sobre as mesmas materias obxecto de tratamento no presente
acordo.
Santiago de
Compostela, 1 de marzo de 2001.
Manuel Antonio Silva Romero Secretario
xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais
Valeriano
Martínez García Director xeral da División de Recursos Humanos do Servicio
Galego de Saúde
ANEXO
En Santiago de Compostela, o 22 de febreiro de 2001, no marco da mesa sectorial
de negociación do persoal sanitario e de conformidade coas facultades
conferidas no artigo 35 da Lei 9/1987, do 12 de xuño, de órganos de
representación, determinación das condicións de traballo e participación do
persoal ó servicio das administracións públicas, así como das competencias
outorgadas á referida mesa sectorial por acordo entre a Administración da
Comunidade Autónoma de Galicia e as organizacións sindicais, subscrito o 7 de
setembro de 1991, os representantes da Administración sanitaria de Galicia e as
centrais sindicais CC.OO., CIG, CESM-SATSE, CSI-CSIF, UGT, tralo proceso de
negociación mantido no seo da mesa sectorial do persoal sanitario, asínase o
presente acordo sobre aspectos retributivos e outras condicións de traballo do
persoal sanitario non facultativo e persoal non sanitario das institucións
sanitarias do Sergas, co contido que a seguir se expón.
1. Aspectos
retributivos
1. Aspectos
retributivos.
En materia
de retribucións, as liñas de actuación están baseadas en tres criterios
fundamentais:
*
Suficiencia financeira: as melloras salariais deben desenvolverse no contorno
sanitario, dentro dos seus termos de financiamento, achegando a este contorno
tódolos posibles recursos financeiros que universalmente poidan xerarse tanto
pola condición de persoal sanitario como de empregados públicos da Xunta de
Galicia.
*
Simplificación: é necesaria unha reforma profunda da estructura retributiva dos
profesionais que a reconduza ós postulados previstos no Real decreto lei 3/1987
e a harmonice coa de común de referencia nos empregados públicos da Xunta de
Galicia, ponderando para iso a agrupación de conceptos retributivos que hoxe en
día carecen, de seu, de causalidade remuneratoria efectiva. Tal liña de
actuación presenta unha especial oportunidade técnica como medida preparatoria
da transición monetaria ó euro que necesariamente se vai producir no ano 2002.
*
Homoxeneización: as liñas de actuación en materia salarial que se concretan
neste acordo procuran acada-las adecuadas equiparacións entre categorías
profesionais homologables dos distintos contextos utilizados como referencia
durante a negociación (Primaria-Especializada, Sergas-Insalud, Sergas-Xunta),
no contexto de suficiencia financeira descrito e valorando a singularidade que
representa a prestación de servicios no contexto sanitario.
1.1.
Simplificación retributiva.
A
simplificación da estructura salarial que se detalla no presente punto será de
aplicación ó persoal estatutario sanitario non facultativo e persoal non
sanitario das institucións sanitarias do Servicio Galego de Saúde do que o seu
réxime retributivo é o previsto no Real Decreto lei 3/1987, do 11 de setembro.
Non será de aplicación, sen embargo, ó persoal que desempeñe postos de traballo
dos que o seu réxime retributivo é o previsto no Decreto 226/1996, do 25 de
abril, polo que se regula o réxime retributivo do persoal das unidades e
servicios de atención primaria, con excepción dos postos de traballo da
categoría de persoal de servicios xerais, ós que si lles resultará de
aplicación.
a) Establecemento dun complemento específico para cada categoría retributiva de
persoal, a contía do cal resulte por adición das actualmente establecidas para
o actual complemento específico das categorías que o teñen asignado, a
productividade fixa, o PRD ordinario e a modalidade fixa de PRD por quendas.
b)
Supresión da actual asignación de contías en conceptos de productividade fixa e
o PRD ordinario.
c)
Substitución dos actuais complementos específicos asignados ós postos de
traballo de persoal sanitario non facultativo e non sanitario polos novos
resultantes.
d)
Supresión do actual PRD por quendas, modalidade quenda fixa.
e)
Substitución das actuais contías do PRD por quendas, quenda rotatoria simple e
complexa, polas resultantes de minorar das actuais contías o importe da
modalidade fixa para o grupo correspondente, integrada xa no específico que se
asigna.
f) As
categorías de ATS consultas externas de hospital e institucións abertas en
atención especializada non teñen asignado actualmente PRD por quendas.
Presentan, sen embargo, importes de PRD ordinario distintos segundo estean en
quenda fixa ou rotatoria simple. A simplificación supón a consolidación da
contía de PRD ordinario atribuída á quenda fixa no complemento específico,
quedando un resto de PRD ordinario que nestas categorías soamente se percibiría
no suposto, meramente teórico, de incorrer en rotación simple.
g) As
medidas de simplificación retributiva antes descritas non comportarán unha
menor asignación económica total anual pola suma dos conceptos retributivos
fixos e periódicos que a resultante conforme a táboa salarial vixente na
actualidade.
En todo
caso, no proceso de simplificación retributiva e sinaladamente na implantación
ou dimensionamento do complemento específico adoptaranse as medidas técnicas
que sexan precisas para evitar asignacións económicas por este concepto que
resulten excéntricas ou distorsionantes respecto das bandas de aplicación a
cada grupo de clasificación. Estas medidas correctoras concretaranse na
Comisión de Seguimento do Acordo de Concertación Social, que en todo caso
coñecerá das propostas de táboa salarial que lle formule o Sergas á Consellería
de Economía e Facenda no proceso de execución do propio acordo.
1.2.
Adecuación salarial.
1.2.1. As
medidas de adecuación salarial que se detallan no presente punto serán de
aplicación ó persoal estatutario sanitario non facultativo e persoal non
sanitario das institucións sanitarias de atención especializada do Servicio
Galego de Saúde do que o seu réxime retributivo é o previsto no Real decreto
lei 3/1987, do 11 de setembro.
1.2.2. Así
mesmo, as ditas medidas de adecuación salarial serán igualmente de aplicación ó
persoal estatutario sanitario non facultativo e persoal estatutario non
sanitario das institucións sanitarias de atención primaria do Servicio Galego
de Saúde no que concorran conxuntamente ámbalas dúas condicións (a e b) que se
expresan a seguir:
a) Que o
seu réxime retributivo sexa o previsto no Real decreto lei 3/1987, do 11 de
setembro, sobre retribucións do persoal estatutario do Instituto Nacional da
Saúde.
b) Que o
seu réxime retributivo non sexa o previsto no Decreto 226/1996, do 25 de abril,
polo que se regula o réxime retributivo do persoal das unidades e servicios de
atención primaria.
1.2.3. Como
excepción ó criterio establecido no punto 2 deste ámbito de aplicación,
inclúense expresamente no ámbito de aplicación das medidas de adecuación
salarial que se detallan neste punto os postos de traballo da categoría
estatutaria de persoal de servicios xerais das unidades e servicios de atención
primaria.
1.2.4.
Medidas de adecuación salarial.
As medidas
de adecuación salarial para o período 2001-2003 concrétanse nos seguintes
termos:
a)
Incremento consolidado do complemento específico mensual resultante como
consecuencia da simplificación retributiva detallada no punto anterior durante
o período 2001-2002, nos seguintes termos:
|
|
|
|||
|---|---|---|---|---|
|
Grupo |
Incremento |
Incremento |
Incremento |
|
|
|
|
|
|
|
|
Grupo B |
11.000 |
10.000 |
21.000 |
|
|
Grupo C |
6.000 |
6.000 |
12.000 |
|
|
Grupo D |
5.000 |
5.000 |
10.000 |
|
|
Grupo E |
4.250 |
4.250 |
8.500 |
|
Os incrementos reflectidos na táboa anterior están expresados en pesetas de
2001. Nos sucesivos anos serán actualizados de acordo cos incrementos previstos
nas respectivas leis de orzamentos.
b) Dotación
dun fondo económico para a adecuación do importe dos módulos do complemento de
atención continuada por prestación de servicios en domingos e festivos
correspondente ás categorías incluídas no ámbito de aplicación do presente
punto, equiparándoas co valor que os ditos módulos teñen asignado actualmente
para o persoal estatutario das correspondentes categorías nas institucións
sanitarias do Insalud (). O dito fondo ascenderá á contía de 500 millóns de
pesetas, da que será de aplicación o seu 25% a partir do ano 2002 e o restante
75% a partir do ano 2003, nos seguintes termos:
|
|
|||||
|---|---|---|---|---|---|
|
|
Ano 2002 |
Ano 2003 |
|||
|
|
|
|
|||
|
Fondos adecuación domingos e
festivos |
125.000.000 |
375.000.000 |
|||
Malia que a consideración finalista inicial deste fondo é precisamente a
indicada adecuación do importe dos módulos do complemento de atención
continuada por prestación de servicios en domingos e festivos, logo do
correspondente debate nas instancias de seguimento poderá acordarse que o seu
importe se destine á implantación de melloras salariais de distinta tipoloxía.
c) A partir do ano 2001 o Servicio Galego de Saúde procederá á readaptación dos
postos de traballo de persoal estatutario sanitario non facultativo que,
conforme o seu réxime xurídico actual, teñen asignadas xornadas inferiores á
ordinaria (normalmente sobre a base de prestación de servicios de 36 horas
semanais), ofrecéndolles ós profesionais pasar a realizar xornadas non
reducidas e completándolles, polo tanto, as súas retribucións ata a contía
correspondente.
Esta medida non afectará ás reduccións de xornada concedidas conforme a
lexislación sobre conciliación da vida familiar e laboral das persoas
traballadoras ou normativa singular sobre lactación.
A realización de xornada completa como consecuencia da oferta prevista neste
punto non constitúe causa de traslado a unidades distintas daquelas ás que
estean actualmente adscritos os profesionais afectados.
d) No ano 1999 establecéronse determinadas medidas en relación coa prestación
de servicios nas datas 24 e 31 de decembro respecto do persoal estatutario
sanitario non facultativo e non sanitario das institucións sanitarias do
Sergas, o réxime retributivo do cal fora o previsto no Real decreto lei 3/1987,
do 11 de setembro, e que estivera incluído no ámbito de aplicación do acordo
sobre determinados aspectos retributivos e outras condicións de traballo
publicado no DOG nº 34, do 16 de febreiro de 1996.
As ditas medidas consistiron en que o persoal incluído no ámbito de aplicación
que prestase servicios de mañá ou tarde en réxime de quenda rotatoria simple ou
complexa nos días 24 e 31 de decembro devengaría un módulo do complemento de
atención continuada modalidade B. Así mesmo, acordouse que o persoal incluído
no ámbito de aplicación que prestase servicios nas noites dos días 24 e 31 de
decembro devengase, ademais dos importes correspondentes ó complemento de
atención continuada modalidade A un módulo do complemento de atención
continuada modalidade B.
Tales medidas manteranse, pero a elas engadiranse, de xeito adicional, as
seguintes:
d.1. A partir do ano 2001 a prestación de servicios en réxime de quenda fixa de
mañá ou tarde nas datas 24 e 31 de decembro devengará un módulo do complemento
de atención continuada modalidade B.
d.2. A partir do ano 2001 a prestación de servicios en quenda de mañá ou tarde
no día 25 de decembro devengará dous módulos do complemento de atención
continuada modalidade B.
d.3. A partir do ano 2002 a prestación de servicios en quenda de mañá ou tarde
nas datas 1 e 6 de xaneiro devengarán dous módulos do complemento de atención
continuada modalidade B.
e) Con respecto ós profesionais pertencentes ás categorías de persoal
estatutario non sanitario de grupo A, desenvolveranse as actuais liñas de
remuneración mediante incentivos ó rendemento ata equipararse, no prazo de dous
anos, co importe económico actualmente atribuído ó persoal estatutario
facultativo das institucións sanitarias de atención especializada do Sergas.
Para os efectos desta equiparación aboarase no presente ano 2001 o 50% desta
diferencia, completándose no 50% restante no vindeiro ano.
A Comisión de Seguimento do Acordo de Concertación Social establecerá o
procedemento relativo á definición de obxectivos e avaliación para os efectos
de asignación de contías por este concepto retributivo ó persoal non sanitario
do grupo A.
2. Xornada
1. Ámbito de aplicación.
O presente acordo en relación ó réxime de xornada será de aplicación ós
seguintes colectivos:
No ámbito das institucións sanitarias de atención especializada do Servicio
Galego de Saúde ó persoal incluído no Estatuto do persoal sanitario non
facultativo e ó persoal incluído no Estatuto do persoal non sanitario.
No ámbito das institucións sanitarias de atención primaria do Servicio Galego
de Saúde, ó persoal incluído no ámbito do Estatuto do persoal non sanitario,
agás a categoría de asistente social ó que non lle será de aplicación, e ás
categorías de técnico especialista e auxiliar de enfermería do Estatuto do
persoal sanitario non facultativo.
2. Obxecto.
O presente acordo en materia de xornada ten por obxecto regulamenta-la xornada
e o réxime de desenvolvemento dela do persoal incluido
no seu ámbito de aplicación.
Para estes efectos enténdese por xornada o número de horas de servicio efectivo
que os profesionais teñen que desenvolver nalgún dos réximes de quendas
regulados no punto terceiro.
3. Réxime de quendas.
Para os efectos do cálculo da xornada efectiva anual, o persoal incluído no
ámbito de aplicación deste acordo incluirase, segundo o modo de prestación de
servicios, nalgún dos réximes de quendas establecidos a continuación e segundo
os criterios descritos a seguir:
3.1. Quendas fixas: supón o réxime de prestación de servicios que non comporta
rotación, distinguíndose:
3.1.1.Quenda fixa diúrna: é o réxime de prestación de servicios que non comporta
a realización de noites de xeito habitual, nin a rotación habitual entre as
quendas diúrnas. Desenvólvese a través da realización da xornada nos módulos
ordinarios de mañá ou tarde (considérase módulo ordinario o que cunha duración
de 7 horas se desenvolve desde as 8 horas ás 15 e desde as 15 horas ás 22).
Para efectos de pagamento do PRD por quendas, considerarase que non está
incluído o profesional que faga menos de 21 noites ó ano. Sen prexuízo deste
principio xeral, aboarase o PRD por quendas no mes que o profesional faga 3 ou
máis noites.
3.1.2. Quenda fixa nocturna: corresponde ó réxime de prestación de servicios
que supón a realización da xornada exclusiva en módulos ordinarios de noite
(considerándose módulo de noite o que tendo unha duración de 10 horas se
desenvolve desde as 22 horas ás 8 horas do día seguinte).
3.2. Quendas rotatorias: corresponde ó réxime de prestación de servicios que
supón a realización da xornada de xeito rotatorio, distinguíndose:
3.2.1. Quenda rotatoria simple: corresponde ó réxime de prestación de servicio
que supón a realización da xornada rotando polas quendas de mañá e tarde, sen
que supoña a realización habitual de quendas de noite.
Para efectos da súa determinación considerarase que non é habitual a realización
de menos de 21 noites ó ano. Sen prexuízo deste principio xeral, aboarase o PRD
por quendas no mes que o profesional faga 3 ou máis noites.
3.2.2. Quenda rotatoria complexa: corresponde ó réxime de prestación de
servicios que supón a realización da xornada rotando polas quendas de mañá,
tarde e noite.
Para efectos da súa determinación considerarase quenda rotatoria complexa a
realización dun número de noites anuais entre 21 e 64.
4. Determinación da xornada anual efectiva.
A determinación da xornada anual efectiva realizarase segundo o réxime de
quendas.
Para efectos da súa determinación
considérase xornada anual efectiva, o número de horas nas que os profesionais
teñen que desenvolve-la súa prestación de servicios ó longo dun ano de 365
días, computándose no cálculo 30 días de vacacións, 9 días de libre disposición
e os días de libranza, que inclúen os domingos, os 14 festivos oficiais e os
denominados libranzas de noite.
4.1. Xornada anual efectiva correspondente á quenda fixa diúrna e rotatoria simple.
Os profesionais que realicen a súa prestación de servicios no réxime de quenda
fixa diúrna ou rotatoria simple realizarán unha xornada anual efectiva de 1.624
horas.
Esta xornada anual corresponde á prestación efectiva de 232 módulos de mañá ou
tarde (módulo ordinario de 7 horas), 30 días de vacacións, 9 días de libre
disposición e 94 días de libranza que inclúen os 14 festivos oficiais.
A realización de noites con carácter excepcional suporá o cálculo da xornada
efectiva que hai que desenvolver segundo o criterio enunciado no punto 4.3.1.,
sen que supoña cambio de quenda para efectos do pagamento do concepto de PRD
por quendas.
4.2. Xornada anual efectiva correspondente á quenda nocturna.
Os profesionais que realicen a súa prestación de servicios de acordo ó réxime
de quenda fixa nocturna realizarán unha xornada anual efectiva de 1.430 horas.
Esta xornada anual corresponde á prestación efectiva de 143 noites no módulo
ordinario de 10 horas.
4.3. Xornada anual efectiva correspondente á quenda rotatoria complexa.
Os profesionais que realicen a súa prestación de servicios de acordo ó réxime
de quenda rotatoria complexa realizarán unha xornada anual efectiva da que a
súa extensión variará segundo o número de noites que efectivamente realicen de
acordo cos criterios que se establecen a seguir:
4.3.1. Obtención da xornada real efectiva en función do número de noites
sinalados na carteleira.
A determinación da xornada real efectiva calcularase a partir da seguinte
igualdade:
X=1620-3N
Sendo X a xornada anual efectiva expresada en número de horas e N o número de
noites efectivamente realizado.
4.3.2. Obtención da xornada anual diúrna que hai que desenvolver en módulos
ordinarios de 7 horas en mañás ou tardes.
Este principio servirá tamén para obte-la xornada anual efectiva que terá que
desenvolve-lo profesional en módulos de mañá ou tarde, de acordo co número de
noites que se lle asigne na carteleira de quendas.
Para efectos do cálculo das xornadas de mañá ou tarde que o profesional ten que
realizar, o seu número dependerá do número de noites efectivamente realizado e
obterase a partir da seguinte igualdade:
Xornadas en MT=xornada anual total-xornada nocturna.
Sendo MT o número de mañás ou tardes que hai que desenvolver no módulo
ordinario de 7 horas. O seu valor obterase dividindo o valor obtido entre 7
(xornadas en MT/7). No caso de obterse valores decimais, o número enteiro
obterase por redondeo simple (enteiro anterior se o primeiro decimal é menor
que 5 e enteiro posterior se o primeiro decimal é igual ou superior a 5).
Sendo a xornada nocturna a que se deduce de multiplica-lo número de noites
efectivamente realizadas por 10, entendéndose que se refire a módulos nocturos
ordinarios de noites.
Considerarase xornada esixible para o persoal estable aquel que desenvolve os
seus servicios ó longo de todo o ano, a que se deduce da xornada nocturna, máis
a que se deduce do número enteiro de MT, que se refire a módulos ordinarios de
7 horas.
A xornada anual expresada en módulos nocturnos e de MT que os profesionais
teñen que desenvolver ó longo dun ano completo é a que, para cada tramo de
noites, se describe na táboa anexa.
4.3.3. Xornada en períodos de IT.
A comisión de seguimento do presente acordo estudiará e acordará, se é o caso,
o método de aplicación da xornada establecida no presente acordo ós procesos de
IT que poidan afecta-los profesionais incluídos no ámbito de aplicación.
5. Determinación da xornada efectiva para persoal con vínculos inferiores ó
ano.
Os profesionais vinculados ás institucións sanitarias do Servicio Galego de
Saúde incluídos no ámbito de aplicación da presente normativa, con vínculos
eventuais de duración inferior ó ano, realizarán con carácter xeral no período
de vinculación unha xornada que corresponda a unha carteleira anual, coa
finalidade de evitar xornadas efectivas a proxección anual das cales sexa
superior á establecida no presente acordo. O cálculo da xornada efectiva do
período determinarase de acordo cos criterios establecidos a seguir:
5.1. Determinación da xornada para profesionais con vínculos de duración igual
ou inferior ós 31 días.
A xornada efectiva que terá que realiza-lo persoal con vínculos ordinarios de
natureza eventual con duración inferior ou igual ós 31 días, será a que se
deduza de aplica-lo criterio de proporcionalidade respecto á xornada real
efectiva que corresponde á quenda fixa diúrna ou rotatoria simple (1.624
horas/ano), e con independencia do número de noites efectivamente realizadas,
obténdose mediante a aplicación da seguinte igualdade, sen prexuízo da
liquidación de vacacións e permisos que lle correspondanX(D) = 1624*D/326
Sendo X(D) a xornada efectiva que lle corresponde en función do número de días
do vínculo e D o número de días que o profesional resulta vinculado.
Coa finalidade de evitar distorsións na xornada destes profesionais, a
proxección anual de noites non poderá supera-lo valor de 77.
5.2. Determinación da xornada efectiva para os profesionais con vínculos de
natureza eventual superiores ós 31 días que realicen módulos de noite.
A xornada efectiva dos profesionais con vínculos eventuais de duración superior
ós 31 días calcularase de acordo co principio de proporcionalidade e segundo os
seguintes criterios:
A determinación da xornada dos profesionais realizarase mediante a proxección
anual do número de noites realizado, calculándose do seguinte xeito, sen
prexuízo do desfrute, ou, se é o caso, da liquidación das vacacións e permisos
que lle corresponda:
X(D)=1620*D/326-3*N(D).
Sendo X(D) a xornada correspondente ós días de vinculación, D os días de
vinculación computando días naturais e N(D) o número de noites efectivas
realizadas.
Para efectos do cálculo das xornadas de mañá ou tarde que o profesional ten que
realizar, o seu número dependerá do número de noites efectivamente realizado e
obterase a partir da seguinte igualdade:
Xornadas en MT=xornada total(X(D))-xornada nocturna.
Sendo MT o número de mañás ou tardes que hai que desenvolver no módulo
ordinario de 7 horas. O seu valor obterase dividindo o valor obtido entre
7(xornadas en MT/7). No caso de obterse valores decimais, o número enteiro
obterase por redondeo simple (enteiro anterior se o primeiro decimal é menor
que 5 e enteiro posterior se o primeiro decimal é igual ou superior a 5).
Sendo a xornada nocturna a que se deduce de multiplica-lo número de noites
efectivamente realizadas por 10, entendéndose que se refire a módulos nocturos
ordinarios de noites.
Considerarase xornada esixible para este persoal a que se deduce da xornada
nocturna, máis a que se deduce do número enteiro de MT, que se refire a módulos
ordinarios de 7 horas.
Excepcionalmente, naqueles supostos nos que a proxección anual do número de
noites sexa superior a 63, a determinación da xornada efectiva realizarase de
acordo coa seguinte igualdade:
X(D)=1430*D/326
Sendo X(D) a xornada correspondente ó período de vinculación e D o número de
días de vinculación.
A diferencia entre a xornada efectivamente realizada e a que lle corresponda,
será liquidada segundo o criterio establecido no punto 6º.
5.3. Aplicación do concepto de PRD por quendas ó persoal eventual.
O PRD por quendas aboarase ó persoal eventual en función do réxime de quendas
no que desenvolva a súa prestación de servicios. Sen prexuízo deste principo
xeral, aboarase o PRD por quendas cando o profesional faga 3 ou máis noites no
mes.
6. Normas especiais sobre a liquidación de xornada do persoal eventual con
prestación de servicio inferior ó ano.
Naqueles supostos nos que os profesionais con vínculos eventuais realicen unha
xornada inferior ou superior á que lle corresponda segundo as regras de cálculo
anteriores, realizaráselle-la liquidación de haberes en función do importe
hora.
A comisión de seguimento determinará os criterios polos que se establecerá o
valor hora aplicable.
Resultado baseado na fórmula
X=1620-3N. Táboa para persoal estable e período de vinculación dun ano natural.
Táboa de xornada anual efectiva
|
|
|
||
|---|---|---|---|
|
N=número de noites |
MT |
Xornada esixible |
|
|
|
|
|
|
|
1 |
230 |
1620 |
|
|
|
|
|
|
|
2 |
228 |
1616 |
|
|
|
|
|
|
|
3 |
226 |
1612 |
|
|
|
|
|
|
|
4 |
224 |
1608 |
|
|
|
|
|
|
|
5 |
222 |
1604 |
|
|
|
|
|
|
|
6 |
220 |
1600 |
|
|
|
|
|
|
|
7 |
218 |
1596 |
|
|
|
|
|
|
|
8 |
217 |
1599 |
|
|
|
|
|
|
|
9 |
215 |
1595 |
|
|
|
|
|
|
|
10 |
213 |
1591 |
|
|
|
|
|
|
|
11 |
211 |
1587 |
|
|
|
|
|
|
|
12 |
209 |
1583 |
|
|
|
|
|
|
|
13 |
207 |
1579 |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
||
|
N=número de noites |
MT |
Xornada esixible |
|
|
|
|
|
|
|
14 |
205 |
1575 |
|
|
|
|
|
|
|
15 |
204 |
1578 |
|
|
|
|
|
|
|
16 |
202 |
1574 |
|
|
|
|
|
|
|
17 |
200 |
1570 |
|
|
|
|
|
|
|
18 |
198 |
1566 |
|
|
|
|
|
|
|
19 |
196 |
1562 |
|
|
|
|
|
|
|
20 |
194 |
1558 |
|
|
|
|
|
|
|
21 |
192 |
1554 |
|
|
|
|
|
|
|
22 |
191 |
1557 |
|
|
|
|
|
|
|
23 |
189 |
1553 |
|
|
|
|
|
|
|
24 |
187 |
1549 |
|
|
|
|
|
|
|
25 |
185 |
1545 |
|
|
|
|
|
|
|
26 |
183 |
1541 |
|
|
|
|
|
|
|
27 |
181 |
1537 |
|
|
|
|
|
|
|
28 |
179 |
1533 |
|
|
|
|
|
|
|
29 |
178 |
1536 |
|
|
|
|
|
|
|
30 |
176 |
1532 |
|
|
|
|
|
|
|
31 |
174 |
1528 |
|
|
|
|
|
|
|
32 |
172 |
1524 |
|
|
|
|
|
|
|
33 |
170 |
1520 |
|
|
|
|
|
|
|
34 |
168 |
1516 |
|
|
|
|
|
|
|
35 |
166 |
1512 |
|
|
|
|
|
|
|
36 |
165 |
1515 |
|
|
|
|
|
|
|
37 |
163 |
1511 |
|
|
|
|
|
|
|
38 |
161 |
1507 |
|
|
|
|
|
|
|
39 |
159 |
1503 |
|
|
|
|
|
|
|
40 |
157 |
1499 |
|
|
|
|
|
|
|
41 |
155 |
1495 |
|
|
|
|
|
|
|
42 |
153 |
1491 |
|
|
|
|
|
|
|
43 |
152 |
1494 |
|
|
|
|
|
|
|
44 |
150 |
1490 |
|
|
|
|
|
|
|
45 |
148 |
1486 |
|
|
|
|
|
|
|
46 |
146 |
1482 |
|
|
|
|
|
|
|
47 |
144 |
1478 |
|
|
|
|
|
|
|
48 |
142 |
1474 |
|
|
|
|
|
|
|
49 |
140 |
1470 |
|
|
|
|
|
|
|
50 |
139 |
1473 |
|
|
|
|
|
|
|
51 |
137 |
1469 |
|
|
|
|
|
|
|
52 |
135 |
1465 |
|
|
|
|
|
|
|
53 |
133 |
1461 |
|
|
|
|
|
|
|
54 |
131 |
1457 |
|
|
|
|
|
|
|
55 |
129 |
1453 |
|
|
|
|
|
|
|
56 |
127 |
1449 |
|
|
|
|
|
|
|
57 |
126 |
1452 |
|
|
|
|
|
|
|
58 |
124 |
1448 |
|
|
|
|
|
|
|
59 |
122 |
1444 |
|
|
|
|
|
|
|
60 |
120 |
1440 |
|
|
|
|
|
|
|
61 |
118 |
1436 |
|
|
|
|
|
|
|
62 |
116 |
1432 |
|
|
|
|
|
|
|
63 |
114 |
1428 |
|
|
|
|
|
|
3. Permisos e licencias
1. Obxecto.
O presente acordo ten por obxecto regula-los permisos e licencias do persoal
incluído no seu ámbito de aplicación, coa finalidade de unificar e
homoxeneiza-lo seu réxime.
O persoal incluído no seu ámbito de aplicación poderá solicitar e, se é o caso,
desfrutar dos permisos e licencias recollidos no presente acordo coa extensión
e condicións establecidas nel.
2. Ámbito de aplicación.
O presente acordo será de aplicación ó persoal estatutario sanitario non
facultativo e non sanitario que preste os seus servicios nas institucións
sanitarias do Servicio Galego de Saúde.
3. Vacacións.
3.1. Normas de carácter xeral.
Polo seu carácter irrenunciable, as vacacións desfrutaranse dentro do ano
natural, non podendo acumularse a outro distinto nin compensarse
economicamente, agás nos supostos de profesionais con vínculos eventuais, que
polas características da súa vinculación non puideron desfruta-las vacacións
que regulamentariamente lles corresponderían.
3.2. Duración.
3.2.1. Norma xeral.
A duración será dun mes natural, cando a prestación de servicio abarque os doce
meses dentro do ano natural.
3.2.2. Criterio de proporcionalidade.
Nos supostos de que a prestación de servicios sexa inferior ó ano natural, o
tempo de desfrute será proporcional á razón de 2,5 días por mes de servicio,
redondeándose por exceso a fracción que se puidese producir, salvo no suposto
de xubilación, en que se lle recoñecerá o mes completo.
3.2.3. Criterio de cálculo para o persoal que a súa xornada se computa en horas
anuais efectivas.
No suposto de persoal estatutario ó que a súa xornada se lle calcule en cómputo
de horas anuais efectivas, cando a duración do permiso sexa distinto a 30 días,
procederase á conseguinte regularización do cómputo da xornada efectiva.
3.2.4. Supostos de interrupción de prestación de servicio.
Para efectos do cómputo considerarase que houbo interrupción de prestación de
servicio, nos supostos de permisos sen soldo, sancións de suspensión de emprego
e soldo e situacións administrativas que non supoñan servicio activo.
3.3. Períodos e condicións de desfrute.
3.3.1. Período ordinario.
Con carácter xeral o período de vacacións ordinario estenderase durante os
meses de xuño a setembro, ámbolos dous incluídos.
De xeito excepcional, naqueles centros de xestión nos que os criterios
organizativos o permitan, a dirección poderá establecer como período ordinario
en cada ano o que se estende durante os meses de xullo a setembro. A dita
decisión comunicaráselle á xunta de área.
3.3.2. Condicións de desfrute no período ordinario.
Como criterio xeral, as vacacións desfrutaranse de xeito ininterrompido, por
meses naturais, establecéndose as datas de desfrute do día 1 ó último día do
mes, ou ben do 16 ó 15 do mes seguinte. O sinalamento das datas concretas do
profesional farase a través do procedemento establecido no punto 3.8.
Non obstante poderase fraccionar, en dous períodos sempre que correspondan a
quincenas naturais, do 1 ó 15 do mes ou do 16 ó último día do mes, e cando se
estableza de acordo co procedemento regulado no punto 3.8 da presente
normativa.
3.4. Período non ordinario.
O desfrute en períodos distintos do período ordinario, estará condicionado á
solicitude individual do interesado, que deberá de formularse a través do
procedemento previsto no 3.9.
3.4.1. Condicións de desfrute no período non ordinario.
Fóra do período ordinario, as vacacións poderanse desfrutar de xeito
ininterrompido, por meses naturais, ou por períodos de 30 días ou ben de xeito
fraccionado por quincenas naturais (do 1 ó 15 ou do 16 ó último día do mes) ou
por períodos de 15 días contados de data a data.
Exclusivamente, cando se xustifique a súa finalidade para acumula-las licencias
por matrimonio e nacemento de fillo, adopción ou acollemento, tanto preadoptivo
como permanente, poderanse fraccionar por períodos distintos, sempre que non
sexan inferiores ós 7 días naturais. Neste caso, a suma dos períodos
desfrutados non pode supera-los 30 días naturais.
3.5. Condicións para o persoal con vínculo de natureza temporal.
O persoal con vínculo de natureza temporal con duración inferior ó ano terá
dereito ó desfrute das vacacións de acordo co principio de proporcionalidade
proclamado no punto 3.2.2., establecéndose o principio xeral de desfrute fronte
ó criterio excepcional da liquidación.
De acordo co principio anterior, cando a duración do vínculo sexa igual ou
superior ós 6 meses, establecerase un calendario para o desfrute das vacacións
que lle corresponda, someténdose o sinalamento das datas concretas ós
procedementos de sinalamento para a unidade a que está adscrita, ou ben, se é o
caso, por solicitude individual.
3.6. Incidencia dos procesos de incapacidade transitoria e de maternidade,
adopción ou acollemento.
3.6.1. Supostos de incapacidade transitoria.
Con carácter xeral, o suposto de IT sobrevida durante o desfrute das vacacións
non suspenderán estas, considerándose desfrutadas. Non obstante cando o proceso
de IT sobrevida teña unha duración superior ós 15 días os profesionais
afectados poderán solicita-lo cambio das datas sinaladas mediante o
procedemento previsto no punto 3.9.
Nos supostos de procesos de IT, con data de inicio anterior ó período
establecido para o desfrute, considerarase causa de cambio das datas sinaladas,
logo de solicitude individual do interesado.
3.6.2. Incidencia dos procesos de maternidade, adopción ou acollemento, tanto
preadoptivo como permanente.
Nos supostos de maternidade, adopción ou acollemento, tanto preadoptivo como
permanente, os interesados poderán solicita-lo cambio de datas, tanto cando
sexa sobrevido como anterior ó período sinalado, realizándose a solicitude de
cambio polo procedemento regulamentado no punto 3.9.
3.7. Organización das quendas de vacacións nos períodos ordinarios.
As quendas de vacacións distribuiranse, de acordo co criterio de rotación para
os meses do período ordinario, de acordo cos acordos adoptados polo persoal de
cada unha das unidades ou servicios, sempre que se manteña a plena capacidade
funcional delas e non se incumpra o establecido na presente norma.
No suposto de non acada-lo acordo, sortearase dentro de cada categoría
profesional unha orde de prioridade que servirá para establece-las quendas,
manténdose o principio de rotación.
No suposto de producirse novas incorporacións á unidade incorporaranse a unha
quenda de vacantes de acordo coas necesidades de servicio.
No suposto de non existir quenda de vacantes, os incorporados á unidade
establecerán a quenda de vacacións por sorteo entre eles, ou se o incremento se
refire a un só profesional, mediante solicitude individual.
Cando o profesional fose trasladado forzosamente despois do 31 de marzo,
respectáraselle a súa quenda de vacacións, adecuándose a rotación ó ano
seguinte.
A proposta de calendario remitirase á dirección do centro antes do 31 de marzo
de cada ano, facendo mención expresa dos profesionais da unidade que solicitan
o desfrute en períodos distintos do ordinario.
3.8. Calendario de vacacións.
Recibida en prazo a solicitude de calendario remitida polas unidades, no
suposto de non aceptarse a proposta, por entender que non mantén a plena
capacidade funcional da unidade ou que se incumpre a presente normativa, a
dirección do centro deberá de dictar, no prazo de dez días contados desde o día
seguinte á recepción, resolución denegatoria motivando as causas concretas nas
que se fundamenta a denegación e informando desta circunstancia á xunta de
área. Neste suposto, o novo calendario de vacacións será establecido mediante
negociación coa xunta de área. No suposto de non acadar acordo será establecido
pola dirección do centro. A resolución pola que se establece o novo calendario
será notificada ás unidades afectadas antes do 10 de maio.
No suposto de non dictarse resolución expresa entenderase aceptado o calendario
proposto.
Nos supostos de non recibirse a proposta no prazo indicado, a dirección informará
a xunta de persoal e negociará con ela o calendario que se vaia establecer,
notificándollo antes do 30 de abril á unidade afectada. En caso de non acada-lo
acordo, o calendario establecerao a dirección.
3.9. Procedementos para as solicitudes individuais.
Nos distintos centros de xestión a dirección poderá establecer, logo de
negociación cos representantes legais dos traballadores, os procedementos que
regulen as condicións das solicitudes, os prazos con que se teñen que formular,
así como as condicións e prazos de resolución; nos ditos acordos poderanse
incluír criterios que permitan resolver concorrencia de solicitudes individuais
en determinadas datas. De non chegar a acordo sobre a resolución nos supostos
de concorrencia de solicitudes sobre as mesmas datas, estes serán establecidos
pola dirección.
Nos supostos de non acadarse acordo sobre procedemento de solicitude e
resolución, aplicaranse os seguintes criterios.
Solicitudes:
O prazo para presentar solicitudes individuais será de 2 meses con antelación á
data inicial da proposta; no suposto de cambio de data solicitado polo
profesional o prazo de solicitude será de 1 mes de antelación á data asignada.
Nos supostos de acumulación ó permiso por matrimonio o prazo será de 15 días.
Nos supostos de acumulación ós
permisos por nacemento de fillo, adopción ou acollemento, tanto preadoptivo
como permanente, o prazo de solicitude será de 72 horas, salvo no suposto de
parto, en que será suficiente a comunicación e xustificación del.
Prazo de resolución:
Con carácter xeral o prazo de
resolución será de 10 días contados desde o día seguinte ó da recepción da
solicitude.
Nos supostos de prazos de solicitudes inferior ós 15 días o prazo de resolución
será de 3 días.
Na falta de resolución expresa, a solicitude entenderase estimada; en todo
caso, a resolución denegatoria deberá de ser expresa e motivada, contendo as
causas concretas que xustifican a denegación.
Nos supostos de denegación, iniciarase un procedemento de interlocucións cos
interesados para sinalar novas datas; de non acadar acordo, estas serán
establecidas pola dirección informando destas incidencias á xunta de área.
3.10. Supostos de cambio de datas establecidas pola dirección.
En casos excepcionais, por
concorrer forza maior ou circunstancias graves que alteren a organización do
traballo, a dirección do centro poderá suspende-las datas de desfrute
establecidas. A concorrencia desta circunstancia seralles notificada á xunta de
área e ós interesados afectados mediante escrito motivado que conteña as causas
que determinan a necesidade de suspensión das datas acordadas. Cando a
suspensión afecte os calendarios do período ordinario, as novas datas serán
establecidas mediante un procedemento negociado coa xunta de área. Cando a
suspensión afecte a solicitudes individuais procederase á interlocución cos
afectados, informando da incidencia e do resultado á xunta de área.
3.11. Outras normas.
Nos supostos de persoal
estatutario que se incorpore a un centro como consecuencia de ter participado
en concursos de traslados e supostos de comisión de servicios, o centro de
orixe emitirá certificación de haberes na que, entre outros extremos, se faga
consta-las vacacións e demais permisos desfrutados.
4. Días de libre disposición.
4.1. Configuración do permiso.
O persoal incluído no ámbito de aplicación deste acordo terá dereito a
desfrutar 9 días ó ano de permiso retribuído por asuntos propios, cando a
prestación de servicios abarque os doce meses do ano natural. Nos supostos de
que a prestación de servicios sexa inferior, os días de libre disposición
calcularanse de xeito proporcional, a razón de 1 día por cada período de 40
días naturais de servicio ininterrompido, redondeándose por exceso a fracción
que se puidera producir.
Os centros facilitaranlles ós profesionais o desfrute do permiso nas quendas
que sexan solicitadas. A denegación da solicitude deberá de ser motivada e
fundada en necesidades de servicio, e conterá as causas concretas que impiden a
súa aceptación, téndose que informar á xunta de área das denegacións que se
produzan.
A dirección establecerá, logo de negociación coa xunta de área, os criterios
que permitan resolve-la concorrencia de solicitudes en datas concretas. Na
falta de acordo, a concorrencia resolverase aplicando o criterio de rotación.
4.2. Desfrute.
Os días de libre disposición desfrutaranse con carácter xeral, dentro do ano
natural, e non despois do 15 de xaneiro do ano seguinte. Non se poderá acumular
ó período das vacacións anuais cando estea comprendido dentro do período
ordinario, permitíndose a súa acumulación á licencia por matrimonio, nacemento
de fillo, adopción ou acollemento, tanto preadoptivo como permanente, ós
permisos por necesidades de orde familiar ou outras necesidades debidamente
xustificadas e ás vacacións anuais cando non estean comprendidas dentro do
período ordinario.
Nos distintos centros de xestión, as direccións poderán establecer, logo de
acordo coa xunta de área, criterios de proporcionalidade nas solicitudes ó
longo do ano, coa finalidade de evita-la acumulación delas en determinadas
épocas.
Para efectos do cómputo dos días de libre disposición ós que se ten dereito,
considerarase que houbo interrupción de servicio activo, nos supostos de
permisos sen soldo, sancións de suspensión de emprego e soldo e situacións
administrativas que non supoñan servicio activo.
4.3. Normas sobre cómputo do desfrute.
4.3.1. Criterio xeral.
Con carácter xeral, o dereito ó desfrute dos días de libre disposición fai
referencia a días de xornada ordinaria, (módulo de 7 horas), e ou habitual do
profesional solicitante.
4.3.2. Excepcións.
Nos supostos de profesionais que realicen a súa xornada habitual en quenda de
máis de 7 horas (dispositivos de urxencias extrahospitalarias ou fórmulas
organizativas similares), os permisos desfrutados non poderán excede-lo cómputo
de 63 horas ó ano.
No suposto de persoal de cota os permisos referiranse a días naturais.
Así mesmo, cando o persoal que realice a súa xornada de acordo coa quenda
rotatoria complexa solicite permisos en datas onde teña sinaladas noites, os
permisos desfrutados non poderán excede-lo cómputo de 63 horas ó ano.
O módulo mínimo para poder desfrutar permisos de libre disposición será de 7
horas, permitíndose desfrutar un só permiso menor, cando sexa necesario
completa-las 63 horas.
4.3.3. Gardas e atención continuada fóra da xornada habitual.
Con carácter xeral non se poderán
solicitar días de libre disposición en datas nas que se teñan sinaladas gardas
ou atención continuada fóra da xornada habitual, cando supoñan a non realización
destas, sen prexuízo de que o centro posibilitará na medida en que o permitan
as necesidades de servicio o cambio de sinalamento de gardas para que o
profesional poida desfrutar-los días solicitados.
Os profesionais poderán solicitar días de libre disposición referido a xornada
ordinaria, incorporándose para a realización da garda ou da atención continuada
fóra da xornada habitual.
4.4. Procedemento para as solicitudes.
Nos distintos centros de xestión a dirección poderá establecer, logo de negociación
cos representantes legais dos traballadores, os procedementos que regulen as
condicións das solicitudes, os prazos con que se teñen que formular, así coma
as condicións e prazos de resolución.
No caso de non existi-los ditos acordos prevalecerán con carácter xeral os
seguintes criterios: o prazo para presentar solicitudes será de 15 días con
antelación á data solicitada, agás nos supostos de acumulación ós permisos por
nacemento de fillo, adopción, acollemento, tanto preadoptivo como permanente ou
necesidades de orde familiar ou outras necesidades debidamente xustificadas,
que o prazo será de 72 horas contadas desde a data da resolución administrativa
ou xudicial, ou desde que acontece o feito causante.
Non se poderán solicitar permisos cunha antelación maior de 30 días.
O prazo de resolución será de 5 días habiles, contados desde o día seguinte á
recepción, salvo no suposto excepcional de solicitudes para acumula-los
permisos nacemento de fillo, adopción, acollemento, tanto preadoptivo como
permanente ou necesidades de orde familiar ou outras necesidades debidamente
xustificadas, onde o prazo será de 3 días.
No suposto de non dictarse resolución expresa entenderase aceptada a
solicitude, salvo as presentadas con máis de 30 días de antelación, suposto no
que na falta de resolución expresa se entenderá desestimatoria.
En todo caso as resolucións denegatorias deben de estar motivadas e fundadas en
necesidades de servicio, contendo as razóns concretas que xustifican a
denegación, e informando a xunta de área das incidencias que se produzan ó
respecto.
5. Permisos e licencias retribuídos.
5.1. Licencias e permisos por matrimonio, necesidades de orde familiar e outras
necesidades xustificadas.
5.1.1. Obxecto.
O presente punto ten por obxecto normaliza-lo réxime de desfrute dos permisos
ou licencias por matrimonio e outras necesidades de orde familiar ou
necesidades xustificadas ós que fai referencia os artigos 112 do Estatuto do
persoal sanitario non facultativo e 43 do Estatuto do persoal non sanitario.
5.1.2. Licencias por matrimonio ou parella de feito.
O persoal incluído no ámbito de aplicación deste acordo terá dereito a 15 días
naturais ininterrompidos de permiso retribuído por matrimonio ou por
constituírse en parella de feito.
O permiso poderá abarca-los días inmediatamente anteriores ou posteriores á
data do feito causante.
A solicitude deberá de presentarse cunha antelación mínima de 15 días
anteriores ó día do inicio do permiso.
Os directores dos centros establecerán, logo de negociación coa xunta de área,
a maneira en que os solicitantes xustificarán o feito causante, esixíndose
sempre documento público.
5.1.3. Permisos para necesidades de orde familiar ou outras necesidades
debidamente xustificadas.
O Estatuto do persoal sanitario non facultativo e o do persoal non sanitario
recollen, nos seus artigos 112 e 43, previsións de permisos por diferentes
causas de orde familiar ou pola concorrencia de circunstancias debidamente
xustificadas. Coa finalidade de harmonizar ámbalas previsións e constituír un
réxime de permisos común e uniforme a ámbolos dous estatutos, no presente punto
recóllense os permisos que se poderán desfrutar como consecuencia de
necesidades de índole familiar ou outras necesidades debidamente xustificadas
ás que fan referencia os ditos artigos.
5.1.4. Por nacemento de fillo, adopción ou acollemento, tanto preadoptivo como
permanente ou adopción.
O persoal incluído no ámbito de aplicación deste acordo terá dereito a un
permiso retribuído de tres días naturais ininterrompidos por nacemento de
fillo, adopción ou acollemento, tanto preadoptivo como permanente de menores de
seis anos. Se o feito causante se produce nunha área de saúde distinta á do
centro de destino, o permiso retribuído será de cinco días naturais ininterrompidos.
Poderán solicitarse datas de desfrute dentro dun período de dez días que inclúa
a data do feito causante.
O computo dos días refírese por cada menor que provoque o feito causante, polo
que nos supostos de parto múltiple ou adopción ou acollemento múltiple, os días
de permiso multiplicaranse polo número de nacidos ou menores de seis anos
afectados.
5.1.5. Por falecemento ou enfermidade de familiares.
Terá dereito a un permiso
retribuído de catro días naturais ininterrompidos por falecemento, enfermidade
grave ou intervención cirúrxica grave de cónxuxe ou parella de feito, familiar
de primeiro grao por consanguinidade, afinidade, acollemento, irmáns, avós e
netos.
A dirección do centro establecerá, logo de negociación coa xunta de área, o
procedemento e prazos de solicitude e resolución, e os documentos
xustificativos do feito causante. Na falta de acordo, os criterios serán
establecidos pola dirección. Poderán solicitarse datas de desfrute dentro dun
período de dez días que inclúa a data do feito causante.
5.1.6. Exames prenatais e técnicas de preparación ó parto.
As traballadoras embarazadas terán
dereito a ausentarse do traballo, con dereito a remuneración, para a
realización de exames prenatais e técnicas de preparación ó parto, logo de
aviso á dirección do centro e xustificación da necesidade da súa realización
dentro da xornada de traballo.
5.2. Por traslado de domicilio.
O persoal incluído no ámbito de
aplicación deste acordo terá dereito a solicitar un día de permiso retribuído
por cambio de domicilio. Se este se produce fóra da área de saúde de destino do
profesional o permiso será de dous días.
Non será de aplicación cando o cambio de domicilio derive da obtención dun novo
destino pola participación nun concurso de traslados, suposto no que se
aplicará a norma sobre o prazo posesorio que prevexa a convocatoria.
5.3. Por exames.
5.3.1. Estudios de profesións
sanitarias ou profesións directamente vinculadas co posto de traballo ou
categoría profesional.
O persoal estatutario que desempeñe praza de cadro de persoal poderá solicitar
permisos retribuídos para concorrer a exames liberatorios de centros oficiais e
titulacións oficiais, cando se trate de estudios propios de profesións
sanitarias ou que garden relación directa co seu posto de traballo, categoría
profesional, ou permitan ou favorezan a promoción interna profesional.
O permiso estenderase durante os días da súa celebración. A dirección do centro
facilitará os días de desprazamento cando o exame se celebre nunha área de
saúde distinta á do centro de destino.
Non se poderán solicitar máis de 12 días ó ano por esta causa, incluíndo os
desprazamentos.
5.3.2. Outros estudios oficiais.
O persoal estatutario que
desempeñe praza de cadro de persoal poderá solicitar permisos retribuídos para
concorrer a exames liberatorios de centros oficiais e titulacións oficiais, non
recollidos no parágrafo anterior. Non se poderá solicitar por esta causa máis
de 6 días ó ano.
5.3.3. Probas selectivas convocadas polo Servicio Galego de Saúde.
O persoal incluído no ámbito de
aplicación do presente acordo terá dereito a permisos retribuídos para a
asistencia ás probas que se vaian realizar no ámbito de procesos selectivos
convocados polo Servicio Galego de Saúde ou polas entidades públicas
personificadas dependentes da Comunidade Autónoma ou pola Consellería de
Sanidade e Servicios Sociais, durante os días da súa celebración. O desfrute
destes permisos estará limitado a un máximo de 4 días ó ano.
5.3.4. Procedemento de solicitudes e condicións de desfrute.
Para poder optar a estes permisos,
o persoal deberá notificar á dirección do centro os cursos ou estudios que está
a realizar, xustificándose mediante a presentación da correspondente matrícula
ou certificado oficial.
A dirección do centro establecerá, logo de negociación coa xunta de área, os
procedementos de solicitude e resolución, así como os criterios para determinar
qué estudios oficiais se consideran incluídos dentro do punto 5.3.1. Na falta
de acordo, os criterios serán establecidos pola dirección.
En todo caso, aínda nos supostos de profesionais que están cursando estudios
incluídos nos supostos 5.3.1 e 5.3.2, non se poderán desfrutar máis de 12 días
ó ano por esta causa.
5.4. Para a formación.
5.4.1. Asistencia a cursos de
formación.
O persoal estatutario que
desempeñe praza de cadro de persoal poderá desfrutar permisos para a asistencia
ós cursos de formación programados pola Administración sanitaria ou polas
organizacións sindicais cando se celebren ó abeiro do Acordo do Plan de
Formación Continua nas administracións públicas asinado no ámbito do Ministerio
das Administracións Públicas, e o seu contido estea directamente relacionado
coas funcións do seu posto de traballo ou para a capacitación profesional e
cando a programación deles se estableza dentro do horario de traballo.
Poderase solicitar por este motivo ata 28 horas ó ano.
Cando se exceda o límite de horas
establecido, ou as materias non estean relacionadas coas funcións dos postos de
traballo, os órganos directivos dos centros de xestión poderán facilita-la
asistencia, cando as necesidades do servicio así o permitan.
5.4.2. Asistencia a congresos.
O persoal estatutario que
desempeñe praza de cadro de persoal poderá desfrutar permisos para a asistencia
a congresos, convencións e demais actos de carácter profesional relacionados
directamente coas funcións da súa categoría profesional, cando actúen de
relatores ou presenten comunicacións.
Os profesionais que non actúen como relatores ou non presenten comunicacións
poderán solicita-lo permiso; a súa concesión estará supeditada ás necesidades
de servicio.
Coa finalidade de poder valora-la xustificación da asistencia, presentarase
conxuntamente coa solicitude, copia do programa dos ditos actos e, se é o caso,
certificación emitida pola organización da condición de relator ou comunicante.
As direccións dos centros establecerán, logo de negociación coa xunta de área,
criterios e procedementos para a aceptación ou denegación destes permisos. Para
a resolución de concorrencia de solicitudes sobre as mesmas datas daráselles
prioridade ás dos solicitantes que actúen como relatores ou presenten
comunicacións. Así mesmo, poderanse crear nos centros, logo de acordo coa xunta
de área, comisións encargadas de valora-las ditas solicitudes.
Nos supostos de non acada-lo acordo as solicitudes deberán de presentarse cunha
antelación mínima dun mes á data de inicio e a resolución deberá de notificarse
no prazo de 10 días contados desde o seguinte ó da recepción da solicitude,
entendéndose estimatoria en caso de non recaer resolución expresa. En todo
caso, as resolucións desestimatorias deben ser motivadas, contendo referencia
expresa ás causas que a motivan.
Con carácter xeral, non se poderán desfrutar máis de 21 horas ó ano por este
concepto.
Os directores xerentes poderán amplia-las horas de permisos para a asistencia a
congresos, cando estimen que a participación do profesional sexa de interese
para o centro.
6. Por deberes inescusables de carácter público ou persoal.
Concederase permiso polo tempo
indispensable para o cumprimento dun deber inescusable de carácter público ou
privado. O tempo indispensable, salvo xustificación, estará limitado a un
máximo de 4 horas.
Enténdese por deber inescusable, aquela obriga do incumprimento da cal puidera
derivarse responsabilidade directa e persoal de orde civil, penal ou
administrativa.
7. Maternidade, adopción, reducción de xornada por garda legal, permiso por
lactación e demais previsións contidas na Lei 39/1999, do 5 de novembro, para
promove-la conciliación da vida familiar e laboral das persoas traballadoras.
O persoal incluído no ámbito de aplicación terá dereito ós permisos enunciados
segundo as condicións establecidas nas normas que os regulan para o persoal
funcionario. En especial os recollidos na Lei 39/1999, do 5 de novembro, para
promove-la conciliación da vida familiar e laboral das personas traballadoras.
8. Permisos en materia electoral.
Os permisos que se puideran
exercer en materia electoral realizaranse segundo as condicións e duración
establecidos na lexislación electoral, adaptadas ás condicións propias do
traballo a quendas.
O persoal que teña a condición de candidato, apoderado, interventor ou membro
de mesa electoral porá en coñecemento do órgano de dirección tal condición coa
antelación suficiente para que se dispoña do desfrute que as normas aplicables
lle concedan.
9. Exercicio do dereito de voto.
O persoal desfrutará do permiso
para exerce-lo dereito a voto, de acordo coa normativa electoral de aplicación.
10. Outros permisos e licencias retribuídos recollidos en normas de rango de
lei.
Ó persoal incluído no ámbito de aplicación deste acordo seralle de aplicación
os permisos e licencias establecidos en normas con rango de lei, e coas
condicións establecidas con carácter xeral para os funcionarios públicos.
11. Permisos por causas excepcionais ou extraordinarias.
Os directores xerentes poderán
conceder permisos individuais por causas excepcionais ou extraordinarias. A súa
concesión está sometida á previa solicitude do profesional, e á xustificación
de concorrencia de supostos de feitos excepcionais. Non se poderán conceder
máis de 7 días de permiso por profesional por esta causa.
12. Permisos sen soldo.
12.1. Configuración do permiso.
O persoal estatutario que ocupe
praza orzamentaria do cadro de persoal poderá solicitar permisos sen soldo
cunha duración non superior ós tres meses ó ano.
Poderán solicitarse permisos de duración superior ós tres meses para o desfrute
de bolsas, cursos de formación ou similares, que contribúan ó perfeccionamento
profesional do solicitante, así coma para participar en programas e proxectos
de axuda e cooperación ó desenvolvemento conveniadas por organismos oficiais,
organizacións internacionais e organizacións non gobernamentais debidamente
acreditadas.
12.2. Solicitudes.
Con carácter xeral, as solicitudes
deberán de referirse como mínimo a quincenas naturais ou meses completos,
computados de data a data, e presentaranse con carácter xeral cunha antelación
mínima de 15 días á data de inicio do permiso solicitado, salvo cando este sexa
superior ós tres meses, suposto no que a antelación será dun mes.
Nos supostos de que o permiso solicitado teña por finalidade acumularse con
licencias por matrimonio, nacemento de fillo, adopción ou acollemento, tanto
preadoptivo como permanente de menores de seis anos ou permisos por necesidades
familiares ou outras necesidades debidamente xustificadas, a duración
solicitada poderá ser menor da quincena natural, así como o prazo de solicitude
adaptarase ás circunstancias de cada caso.
O interesado deberá de motiva-la súa solicitude coa finalidade de valora-la súa
posible autorización.
12.3. Renuncia ós permisos sen soldo solicitados.
As solicitudes de renuncia ós
permisos, unha vez concedidos, deberán de efectuarse con carácter xeral cunha
antelación mínima de 10 días para os que non superen o mes, e de 15 días para
os que o superen.
13. Outras normas.
13.1. Procedementos de solicitudes
e resolucións.
Correspóndelles ós directores
xerentes de cada centro, logo de negociación coa xunta de área, establece-los
procedementos de solicitude e tramitación dos permisos e licencias, a
antelación mínima de presentación e os prazos de resolución nos supostos en que
non veña regulamentado, e, se é o caso, os documentos xustificativos que sexan
necesarios.
Non se poderán acadar acordos que supoñan recoñecementos de permisos ou
licencias distintos dos recollidos nesta norma, nin varia-la natureza ou
duración deles.
14. Comisións de centro.
As xuntas de área poderán facultar
ás comisións de centro para acada-los acordos sobre procedementos de
solicitudes e resolucións ós que se fai referencia na presente norma.
15. Incompatibilidade coa finalidade dos nomeamentos eventuais.
Nos supostos de profesionais
chamados para a realización de servicios mediante vínculos de natureza
temporal, cando no momento do chamamento o profesional coñeza a concorrencia de
feitos causantes dos descritos nos puntos 5.1.2. e 5.2. desta normativa, que
impidan a realización efectiva do servicio para o que é requirido, non poderá
alega-los para o desfrute de permisos que deles se deriven cando o seu desfrute
impida a efectiva realización dos servicios requiridos.
A xunta de área será informada das denegacións que se xustifiquen, na
circunstancia descrita no parágrafo anterior.
4. Comisión de seguimento
Constituirase unha comisión de
seguimento integrada pola Administración e as centrais asinantes para
efectua-lo seguimento e tratamento de tódalas cuestións que se deriven do
presente acordo.
Correspóndelle a esta comisión resolve-las controversias que poidan xurdir en
relación á aplicación do presente pacto.
En relación ós permisos de formación, serán estudiados e, se é o caso,
aprobados pola comisión de seguimento os requisitos que se esixirán noutros
tipos de cursos.
A evolución dos parámetros de gasto corrente no capítulo I do Servicio Galego
de Saúde poderá favorecer que se asigne durante o ano 2002 unha maior
porcentaxe da prevista no punto 1.2.4.b) para a adecuación dos módulos do
complemento de atención continuada por prestación de servicios en domingos e
festivos.
() A diferencia entre os importes deste módulo entre as institucións sanitarias
do Insalud e as do Sergas no ano 2001 son de 3.753 para o grupo B, 2.469 para o
grupo C e 2.241 para os grupos D/E. O dimensionamento do fondo supón a
equiparación en pesetas constantes do ano 2001.