AF046/03
COMUNICACIÓN SOBRE RISCOS DE
MEDICAMENTOS
SUSPENSIÓN
DE COMERCIALIZACIÓN
SUSPENSIÓN
DE COMERCIALIZACIÓN DAS ESPECIALIDADES FARMACÉUTICAS CON ÁCIDO
ACETILSALICÍLICO/SALICILATOS DE AMINISTRACIÓN SISTÉMICA E USO EXCLUSIVO
INFANTIL, QUE NON REQUIREN PRESCRICIÓN MÉDICA
A administración de ácido salicílico (AAS) ou salicilatos en nenos e
adolescentes durante unha enfermidade viral, varicela ou un proceso febril
asociase coa aparición do Síndrome de Reye (SR), unha enfermidade pouco
frecuente pero grave, caracterizada por causar encefalopatía grave e
hepatopatía aguda.
O comité de Seguridade de Medicamentos de Uso Humano, órgano asesor da
Axencia Española do Medicamento (AEM) en materia de seguridade de medicamentos,
na súa reunión de 7 de maio de 2003, propuxo recomendacións concretas á AEM coa
finalidade de preveni-la aparación de SR en relación coa utilización de
AAS/salicilatos en menores de 16 anos (ver comunicación sobre riscos de
medicamentos AF036/03, do 14 de maio de 2003).
Como consecuencia a AEM, adoptou as seguintes medidas relacionadas coas
especialidades farmacéuticas de administración sistémica que conteñen na súa
composición AAS/ salicilatos:
1. Suspender a comercialización das especialidades
farmacéuticas que conteñen AAS/salicilatos, de uso exclusivo infantil que non
precisan prescrición médica. Estas especialidades son as que figuran no anexo I
desta nota informativa. Para o resto das especialidades farmacéuticas que
conteñan AAS/salicilatos e non necesiten prescrición médica pero que non sexan
de uso exclusivo infantil, se contraindicará o seu uso en menores de 16 anos.
2. As especialidades farmacéuticas con AAS/salicilatos na
súa composición, de prescrición médica e administración sistémica, deberán
incluír unha contraindicación para o seu uso en menores de 16 anos para o
tratamento da febre, procesos víricos ou varicela.
Todas estas medidas reflíctense na Circular
10/2003 de 27 de xuño, da AEM, dispoñible na súa páxina web.
Información para os pacientes:
O uso de medicamentos que conteñen ácido acetil
salicílico ou salicilatos en nenos menores de 16 anos con procesos febrís,
gripe ou varicela, asociouse coa aparición do Síndrome de Reye, polo que, como
medida preventiva, non se deben de utilizar nestas circunstancias.
Este síndrome é moi pouco frecuente, unicamente
aparece en nenos ou adolescentes e caracterízase por dano cerebral e hepático.
O risco asociado á administración de ácido acetilsalicílico ou salicilatos
desaparece unha vez que deixan de tomarse estos preparados.
O seu médico e/ou farmacéutico aconsellaralle de
que medicamentos pode utilizar para o tratamento da febre ou dos síntomas das
enfermidades virais en menores de 16 anos.
Na Circular 10/2003 pódese consultar un modelo de
prospecto de información ó paciente para as especialidades farmacéuticas
publicitarias (EFP) que conteñen ácido acetilsalicílico na súa composición
(anexo III de dita circular)
Recórdase que ós profesionais
sanitarios deben notificar tódalas sospeitas de reaccións adversas ó Centro de
Farmacovixilancia de Galicia.
Santiago
de Compostela, 27 de xuño de 2003
A
DIRECTORA XERAL DA DIVISION DE
FARMACIA
E PRODUCTOS SANITARIOS
Asdo.:
Berta Cuña Estévez
ANEXO
I
ESPECIALIDADES
FARMACÉUTICAS PARA AS QUE SE SUSPENDE A
AUTORIZACIÓN
DE COMERCIALIZACIÓN
|
Código
Nacional |
Nome Comercial |
Laboratorio |
Indicacións |
Composición
Cuantitativa |
|
973701 |
Ácido acetilsalicílico
Mundogen 125 mg |
Mundogen Farma |
Alivio da dor Estado febrís |
AAS: 125 mg |
|
712703 |
Aspinfantil 20 comp |
Diviser Aquiles |
Antipirético Analxésico |
AAS: 125 mg |
|
712760 |
Aspirina infantil 20 comp |
Bayer |
Alivio da dor Estado febrís |
AAS: 125 mg |
|
985168 |
Dolofarma nenos 20 comp |
Max Farma |
Alivio da dor Estado febrís |
AAS: 125 mg Paracetamol: 80 mg |
|
784769 |
Mejoral infantil 20 comp |
GSK
Consumer Healthcare |
Alivio da dor Estado febrís |
AAS: 125 mg |
|
797910 |
Okal infantil 125 mg 2
comp |
Puerto Galiano |
Alivio da dor Estado febrís |
AAS: 125 mg |
|
797902 |
Okal
infantil 125 mg 20 comp |
Puerto Galiano |
Alivio da dor Estado febrís |
AAS: 125 mg |
|
653329 |
Eucalyptospirine
niños |
Pfizer
Consumer Healthcare |
Procesos
gripais con dor |
AAS: 250 mg |