AF045/06
ALERTA FARMACÉUTICA

Esta Subdirección Xeral de Farmacia e Produtos Sanitarios, informa da Alerta Farmacéutica na especialidade farmacéutica seguinte, segundo nos comunica a Subdirección Xeral de Inspección e Control de Medicamentos da Axencia Española de Medicamentos e Produtos Sanitarios (AEMPS) do Ministerio de Sanidade e Consumo. 

 

Marca comercial

SIMVASTATINA BEXAL 40 mg 28 comprimidos

Presentación

40 mg 28 comprimidos

D.C.I. ou D.O.E.

SIMVASTATINA

Nº Rexistro

64170

Código Nacional

93644.4

Nº Lote

Lote Z-005

Data de Caducidade

Setembro/2008

Laboratorio titular

Bexal Farmacéutica S.A.

Laboratorio fabricante

Alter S.A.

Razón social responsable

Centro Empresarial Osa Mayor. C/Osa Mayor 4, Área B. 28023, Madrid.

Descrición do defecto

Detectáronse varias unidades do lote Z-005, con caducidade  en setembro de 2008, que no seu interior conteñen blisters correspondentes a outro medicamento: SIMVASTATINA MERCK 40 mg 28 comprimidos, lote Z-005, con caducidade en setembro de 2008.

Este defecto non afecta a outras unidades de SIMVASTATINA BEXAL 40 mg 28 comprimidos EFG, lote Z-005, con caducidade en xuño de 2008, que son correctas, e que polo tanto, non procede a súa retirada do mercado

Información da distribución

En toda España

Medida cautelar adoptada

RETIRADA do mercado do lote afectado, e devolución ao laboratorio polas canles habituais.

Accións a levar a cabo

RETIRADA DO MERCADO e seguimento da mesma

Santiago de Compostela, a 13 de novembro de 2006

 

 

A Subdirectora Xeral de Farmacia e Produtos Sanitarios

 

 

Asdo: Cristina Rey Barbosa