AF011/04
 

 

SUREVUEÒ LENTES DE CONTACTO 

 

Esta División de Farmacia e Productos Sanitarios comunícalle a información seguinte, en relación ó producto sanitario SUREVUEÒ LENTES DE CONTACTO, segundo nos informa a Subdirección Xeral de Productos Sanitarios da Axencia Española de Medicamentos e Productos Sanitarios do Ministerio de Sanidade e Consumo.

 

 

 

          A empresa Johnson & Jonson Vision Care, sita no Paseo das Doce Estrellas, 5-7 – 28042 Madrid- comunicou ó Servicio de Vixilancia da Axencia Española de Medicamento e Productos Sanitarios, que en Francia detectouse a existencia de lentes de contacto SUREVUEÒ falsificadas e non estériles distribuidas en territorio Francés.

 

           Segundo a mesma información, ata a data, en España, non se detectaron lentes de contacto SUREVUEÒ falsificadas. Sen embargo, como medida preventiva e co obxeto de poder identificar as lentes de contacto que se pudieran distribuir en España, a empresa vai realizar as seguintes actividades:

 

·          Envío de comunicación ós profesionais no cuidado da visión (ópticos, oftalmólogos) e a distribuidores de productos Visión Care.

·          Publicación dunha nota informativa en revistas profesionais.

·          Envío da Comunicación ós responsables do Servicio de Farmacia na Aduana de Madrid para que se poidan identificar as posibles importacións de lentes de contacto SUREVUEÒ falsificadas.     

 

 

Santiago de Compostela, a 9 de marzo de 2004

A DIRECTORA XERA DA DIVISIÓNDE FARMACIA E

PRODUCTOS SANITARIOS

 

 

Asdo.: Berta Cuña Estévez