AF-2009-023-01
ALERTA FARMACÉUTICA

 

Esta Subdirección Xeral de Farmacia, informa da Alerta Farmacéutica do seguinte medicamento, segundo nos comunica a Subdirección Xeral de Inspección e Control de Medicamentos da Axencia Española de Medicamentos e Produtos Sanitarios (AEMPS) do Ministerio de Sanidade e Política Social.

 

PRODUTO

Medicamento

MARCA COMERCIAL E PRESENTACIÓN

SIMVASTATINA CINFA 10 mg comprimidos recubertos con película EFG 28 comprimidos

DCI ou DOE

Simvastatina

Nº DE REXISTRO E CÓDIGO NACIONAL

NR: 64519 / CN: 737288

LOTES E DATAS DE CADUCIDADE

·          C008-2   (Data de caducidade 12/2010)

·          C009  (Data de caducidade 12/2010)

 

LABORATORIO TITULAR

LABORATORIOS CINFA, S.A.

LABORATORIO FABRICANTE

LABORATORIOS CINFA, S.A.

DOMICILIO SOCIAL DO RESPONSABLE DO PRODUTO

Ctra. Olaz Chipi, 10, Pol. Ind. Areta, 31620 Huarte, Navarra

DESCRICIÓN DO DEFECTO

Erro no apartado de composición do cartonaxe, no que di 20 mg no lugar de 10 mg

INFORMACIÓN DA DISTRIBUCIÓN

Nacional

CLASIFICACIÓN DOS DEFECTOS

Clase 2

MEDIDA CAUTELAR ADOITADA

Retirada do mercado de todas as unidades distribuídas dos lotes C008-2 e C009, e devolución ao laboratorio polas canles habituais.

ACCIÓNS A LEVAR A CABO

Retirada dos lotes referenciados do citado medicamento e seguimento.

 

 

 

Santiago de Compostela, a 5 de outubro de 2009

A subdirectora xeral de Farmacia

Carolina Gónzalez-Criado Mateo