¿En
que consiste?
|
|
Trátase
dunha dor localizada na parte baixa das costas que se
orixina a nivel da columna vertebral, os músculos,
ligamentos ou nervios da zona. Así, cando unha
dor nesa mesma rexión é debida a outros
motivos, como por exemplo un cólico de ril, non
se trata de lumbago ou lumbalxia. É un síntoma
moi frecuente, que padecen o 70% das persoas nalgún
momento da súa vida. A maioría dos casos
resólvense de forma natural e só unha pequena
parte (7% dos casos) desenvolve dor crónica.
Poden ser moitas as causas da lumbalxia e tamén
é frecuente que non se identifique un motivo concreto.
Sen embargo, na maioría dos casos hai espasmo e
contractura dos músculos da zona que produce dor,
o que pola súa vez aumenta a contractura. No lumbago
agudo típico a dor iníciase bruscamente,
é intensa, acompáñase de rixidez
e nun principio faise máis intensa co movemento,
podendo estenderse a nádegas e parte superior da
coxa. A inactividade e mala forma física, os esforzos
e sobrecargas da zona lumbar (cargar pesos ou esforzos
físicos en posición forzada), posturas incorrectas
e prolongadas (moitas horas sentados, en asentos inadecuados
ou de pé) e o estrés, ansiedade e depresión
aumentan o risco de sufrir dor de costas.
|
¿Como
se trata?
O
obxectivo do tratamento da lumbalxia aguda é reduci-la
dor, recupera-la actividade e evitar que se faga crónica.
- Tanto os analxésicos como os antiinflamatorios
son útiles para reduci-la dor e a limitación de
movementos. Ademais, en determinados casos pode ser necesario
empregar relaxantes musculares para elimina-la
contractura e o espasmo. Os medicamentos deberán ser
receitados polo médico dependendo de cada paciente, quen
deberá respecta-la duración e forma de toma-lo
tratamento, evitando sempre a automedicación.
- No lumbago común o repouso na cama
(deitado boca arriba sobre unha superficie firme, coas cadeiras
e xeonllos dobrados) debe limitarse ós primeiros momentos
con dor intensa ó moverse, xeralmente entre dous
e catro días.

- Non é eficaz permanecer na cama durante moito máis
tempo e, sen embargo, sábese que é beneficioso
para os pacientes manterse activos: melloran máis rápido
os síntomas e diminúe o risco de que se faga crónico.
- Aplicar calor moderada na zona pode axudar a mellora-la incomodidade
e a dor, pero non é indispensable no tratamento. Pode
facerse en forma de duchas quentes ou un pano quente, con coidado
para non provocar queimaduras na pel.
¿Que
facer para previ-la dor lumbar?
- Póñanse de crequenas para levantar un obxecto
do chan e ó facelo manteña as costas rectas, evitando
dobrarse cara a diante cando o estea a alzar.
- Procure non cargar obxectos pesados, para movelos tente empurralos
en lugar de levantalos.
- Séntese en cadeiras con costas rectas ou con apoios
para as costas. Ó conducir, séntese dereito e
mova o asento cara a diante, así evitará dobrarse
cara a diante. Se debe conducir ou estar sentado durante longos
períodos de tempo, faga descansos para estirarse e coloque
unha almofada pequena ou unha toalla enrolada detrás
da parte baixa das costas.
- Cando estea de pé manteña unha postura firme,
con ombros e cadeiras en liña recta con cabeza e pescozo.
- Evite o calzado de tacón alto, non máis de 4
ou 5 cm.
- Fortalecemento dos músculos das costas. Camiñar
e andar son bos exercicios globais para manter un bo estado
físico e este último é especialmente axeitado
para fortalece-la musculatura lumbar. Outra posibilidade é
realizar un programa regular de exercicios, sen esquecer que
é fundamental mante-la actividade xeral

¿Que
se debe vixiar especialmente?
-
Dor que se estende pola
perna ata máis abaixo do xeonllo.
-
Entumecemento e formigo
na perna, pé ou ingua.
-
Dor que aparece con febre,
náuseas ou vómitos, molestias no ventre ou ó
urinar, debilidade, ou sudoración.
-
Dor causada por unha caída,
golpe ou accidente.
-
Dor tan intensa que impide
calquera movemento e non se alivia co tratamento ou se a dor
non parece mellorar despois de semanas.
Deberanse evitar posturas forzadas e os sobreesforzos
sen adestramento e procura-lo fortalecemento dos músculos
con exercicio moderado e regular. No lumbago común
o repouso limitarase ós primeiros días
de dor intensa co movemento; aínda que doia convén
manterse activo.
|
ESTAS MEDIDAS SON RECOMENDACIÓNS XERAIS. NON
DUBIDE EN CONSULTAR CO SEU MÉDICO. EL PODERÁ
MODIFICALAS E AXUSTALAS ÁS SÚAS CONDICIÓNS
CONCRETAS.
|