Xornada de saúde sociocomunitaria

Xornada de saúde sociocomunitaria

A saúde comunitaria inclúe unha concepción sociosanitaria da saúde, que ten en conta o ámbito social en que se producen os fenómenos de saúde-enfermidade, a aplicación dunha abordaxe integral destes procesos, desde os niveis macro e microsociais, e a participación das comunidades, institucións e demais sectores implicados.
 
O lugar máis propicio para realizar intervencións comunitarias é a asistencia sanitaria, principalmente desde a atención primaria.
 
Ademais, a atención primaria continúa sendo potencial de cambio e máis que nunca temos necesidade de respostas efectivas e eficientes ante as novas necesidades sociosanitarias.
 
Dende os servizos de atención primaria das diferentes áreas sanitarias trabállase duro no desenvolvemento dun gran número de intervencións sociocomunitarias que son un exemplo a seguir. Tamén, desde estes servizos préstase apoio e asesoramento e trabállase conxuntamente con entidades sociais en programas destinados a probación vulnerable.