Subvencións programas de incorporación social en vivendas para pacientes estabilizados nas unidades asistenciais con especialización en drogodependencias

Subvencións programas de incorporación social en vivendas para pacientes estabilizados nas unidades asistenciais con especialización en drogodependencias

​Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras e convocar axudas, en réxime de concorrencia competitiva, ás entidades privadas sen ánimo de lucro, para a realización de programas de incorporación social desenvoltos en vivendas durante o ano 2020, segundo a Orde do 25 de xaneiro de 2008 pola que se regulan os requisitos específicos que deben cumprir os centros de inclusión e emerxencia social destinados a persoas afectadas por distintos tipos de adiccións que estean participando nun programa terapéutico de rehabilitación nas unidades de atención a drogodependencias incluídas no Circuito de asistencia sanitaria aos trastornos adictivos en Galicia.

 

A súa finalidade é apoiar as persoas que seguen un tratamento de deshabituación de trastornos adictivos para facilitar a súa incorporación social e promover unha vida autónoma en ámbito residencial.​​​