Pertinencia
En Galicia a esperanza de vida nos homes é de 79 anos e de 86 nas mulleres. En Ourense a esperanza de vida supera esta media. Un 24,6% da poboación é maior de 65 anos. Un 4,3% é maior de 85. O centro de Saúde Nóvoa Santos ten, entre a súa poboación atendida, un 23,57% de poboación maior de 65 anos. Os principais hábitos que permiten o envellecemento saudable son a actividade física e a alimentación, co que se prevén patoloxías derivadas do sedentarismo e a soidade. Está demostrado que as poboacións que socializan son máis saudables e as persoas activas disfrutan de máis tempo de benestar físico, psíquico e social